DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2024 polo que se notifica o prazo de alegacións en acceso a expediente por parte dun cidadán.

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, se a información solicitada puidese afectar dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, concederáselle un prazo de quince (15) días para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas. O solicitante deberá de ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se reciban as alegacións ou teña transcorrido o prazo para a súa presentación (artigo 19.3 da Lei 19/2013).

O 26 de setembro de 2023, solicitouse información á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sobre a existencia dalgún expediente de reposición da legalidade urbanística sobre unha parcela obxecto dun expediente da cal é titular a persoa interesada con DNI 35788510G en representación da empresa con CIF B27725340.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do trámite de audiencia á interesada, en representación da empresa mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificáselle á dita persoa interesada, en representación da empresa, o dito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste, e lle sirva de notificación á dita interesada, en representación da empresa, en cumprimento do disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística