DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Rodeiro (expediente DH.A36.58953).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 26 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Julio Diéguez García e a Jesús García Abelairas unha concesión de 3.969,60 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Melide, parroquia de San Salvador de Camba (San Salvador), no concello de Rodeiro (Pontevedra), con destino a uso doméstico e gandeiro.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións