DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15633

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da aprobación inicial do plan parcial do SUND 12.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 26 de maio de 2023, aprobouse inicialmente o plan parcial SUND-12 área mixta terciaria/industrial Portoameneiro, de febreiro de 2023 (rexistro de entrada nº 587, do 2 de febreiro de 2023), promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado por Abtemas, S.L.

De conformidade cos artigos 47 da LSG e 86 do RLSG, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado plan parcial.

A duración da suspensión é de dous anos, contados desde a aprobación inicial e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do plan parcial.

A área afectada pola suspensión é o sector I do SUND 12 área mixta terciaria/industrial de Portoameneiro, cunha superficie de 115.309,0 m².

Sométese o expediente a información pública por prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en La Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial del Estado (75 da LSG, 186 e 207 RLSG e 44 LPACAP). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública (artigo 207.2.d) do RLSG).

O anuncio que se publique no BOE servirá de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para todas as persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por se ignorar o seu enderezo non poidan ser notificadas persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese efectuar.

Así mesmo, o anuncio de información pública publicarase na páxina web do Concello (www.teo.gal) (artigo 70.ter da LRBRL, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do TRLSRU).

De conformidade co artigo 25.3 do TRLSRU, na documentación exposta ao público inclúese un resume executivo expresivo dos aspectos sinalados no artigo citado, que se concretan na delimitación dos ámbitos en que a ordenación proxectada altera a vixente, cun plano da súa situación, alcance da dita alteración, os ámbitos en que se suspendan a ordenación e os procedementos de execución ou de intervención urbanística e a duración da dita suspensión.

O expediente completo estará á disposición dos interesados no Departamento de Urbanismo do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Teo, 2 de febreiro de 2024

Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa