DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 15325

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre a modificación da ficha A-17 do Catálogo do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM). Avenida de Rosalía de Castro números 72, 74, 76 e 78 (expediente 2023/38074J).

O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de decembro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación da ficha A-17 do Catálogo do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), segundo o proxecto presentado o 7 de decembro de 2023, asinado pola arquitecta Salomé Fernández Liste e polo arquitecto Eloy Cambón.

Segundo. En aplicación do procedemento regulado no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e no 144.6 do seu regulamento, a modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A documentación sometida a información pública comprenderá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído un resumo executivo co contido mínimo exixido no número 6 do artigo 144 do Regulamento.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 60.7 da Lei do solo de Galicia (LSG) e no 144.7 do seu regulamento, trasladarase a documentación ao órgano competente da consellería en materia de urbanismo, co fin de que este lles outorgue audiencia aos concellos limítrofes e se soliciten os informes sectoriais autonómicos que resulten preceptivos.

Cuarto. Durante o trámite de información pública, o Concello dará traslado á Delegación do Goberno en Galicia para os efectos de que solicite os informes que xulgue necesarios.

Quinto. Por aplicación do disposto no artigo 47.2 da LSG e no 86.2 do seu regulamento, o acordo de aprobación inicial determina, en por si, a suspensión do procedemento de outorgamento das licenzas de parcelamento, edificación e demolición que poidan devir incompatibles co resultado da modificación en trámite, no ámbito das seguintes parcelas catastrais:

6671902NH3467B0001DF (Rosalía de Castro número 72).

6671903NH3467B0001XF (Rosalía de Castro número 74).

6671904NH3467B0001IF (Rosalía de Castro número 76).

6671905NH3467B0001JF (Rosalía de Castro número 78).

A suspensión terá unha duración máxima de dous (2) anos, contados desde o acordo de aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva e entrada en vigor do novo planeamento.

As persoas interesadas poderán consultar o expediente e alegar por escrito durante o prazo de dous (2) meses. Este prazo iniciarase o día seguinte ao da última publicación deste anuncio.

A documentación pode consultarse no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Modificacion-da-ficha-A-17-do-Catalogo-do-PXOM.-Rosalia-de-Castro-num.-72-74-76-e-78/gl

As alegacións poden presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela, na epígrafe Catálogo de trámites, a través do trámite Presentación de documentación e alegacións e da opción Achega libre. Deberase introducir o dato 2023/38074J no campo Referencia e incorporar o documento das alegacións.

Tamén se poden presentar as alegacións por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica