DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 15324

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación inicial da expropiación dos predios afectados polo elemento patrimonial GA15041017-Torre de Cillobre.

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria do 22 de decembro de 2023, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio para a obtención dos predios afectados polo elemento patrimonial GAL5041017-Torre de Cillobre (A Laracha), de acordo coa modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal da Laracha, aprobada mediante a Orde do 22 de agosto de 2016 e publicada no DOG núm. 192, do 7 de outubro.

O proxecto de expropiación sométese á información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 4 de xaneiro de 2024

José Manuel López Varela
Alcalde