DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 15127

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación no marco da RIS3 Galicia 2021-2027, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN607E).

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 16, do 23 de xaneiro de 2024, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 6054, no segundo parágrafo do número 1 do artigo 4, onde di: «Ademais da adquisición de equipamento científico-tecnolóxico, serán subvencionables os investimentos en terreos, edificios ou instalacións para a construción, reforma ou adaptación das instalacións das infraestruturas. Non se considerarán financiables aquelas actuacións que non inclúan a adquisición de equipamento ademais destes outros tipos de investimentos. O investimento en equipamento deberá ser, como mínimo, o 30 % do orzamento total solicitado. No artigo 9 descríbense con detalle os activos materiais e inmateriais subvencionables», debe dicir: «Ademais da adquisición de equipamento científico-tecnolóxico, serán subvencionables os investimentos en terreos, edificios ou instalacións para a construción, reforma ou adaptación das instalacións das infraestruturas. Non se considerarán financiables aquelas actuacións que non inclúan a adquisición de equipamento ademais destes outros tipos de investimentos. O investimento en equipamento deberá ser, como mínimo, o 30 % do orzamento total solicitado. No artigo 11 descríbense con detalle os activos materiais e inmateriais subvencionables».

Na páxina 6061, no número 3 do artigo 9, onde di: «3. Ningunha entidade poderá recibir unha axuda ao abeiro desta convocatoria por un importe superior a 4.000.000 millóns de euros. Este límite máximo é independente do número de axudas concedidas», debe dicir: «3. Ningunha entidade poderá recibir unha axuda ao abeiro desta convocatoria por un importe superior a 4.000.000 de euros. Este límite máximo é independente do número de axudas concedidas».

Na páxina 6069, no ordinal 1º da letra b) do artigo 13, onde di: «1º. Memoria técnica segundo o índice recollido no anexo II (letra Arial 11 puntos. Extensión máxima 35 páxinas) que xustifique o carácter estratéxico dos investimentos solicitados, a súa viabilidade técnica e o investimento solicitado», debe dicir: «1º. Memoria técnica segundo o índice recollido no anexo II (letra Arial 11 puntos. Extensión máxima 50 páxinas) que xustifique o carácter estratéxico dos investimentos solicitados, a súa viabilidade técnica e o investimento solicitado».

Na páxina 6072, no punto 2 do ordinal 6º da letra b) do artigo 13, onde di: «2. No caso de que nunha mesma solicitude se inclúan investimentos que non se asignen a un mesmo tipo de infraestrutura (de investigación ou tecnolóxica), deberán diferenciarse e formar parte de unidades distintas dentro da solicitude (unidade 1 ou unidade 2, respectivamente segundo se recolle no qanexo I). Todas as unidades incluídas nunha mesma solicitude deberán estar relacionadas e ser complementarias entre si», debe dicir: «2. No caso de que nunha mesma solicitude se inclúan investimentos que non se asignen a un mesmo tipo de infraestrutura (de investigación ou tecnolóxica), deberán diferenciarse e formar parte de unidades distintas dentro da solicitude (unidade 1 ou unidade 2, respectivamente segundo se recolle no anexo I). Todas as unidades incluídas nunha mesma solicitude deberán estar relacionadas e ser complementarias entre si».

Na páxina 6096, no punto 16 da letra A da epígrafe 1 do artigo 19, onde di: «16) Documentación que evidencie que se levou a cabo a análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestruturas, en todas as fases do ciclo do proxecto, no caso de non a ter entregado na solicitude. A dita análise pode integrarse na avaliación de impacto ambiental, nos proxectos en que resulte preceptivo», debe dicir: «16) Documentación que evidencie que se levou a cabo a análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestruturas, no caso de non a ter entregado na solicitude. A dita análise pode integrarse na avaliación de impacto ambiental, nos proxectos en que resulte preceptivo».

Na páxina 6102, no punto 3 do artigo 33, onde di: «3. O incumprimento da obriga de presentar tres ofertas segundo o disposto no artigo 17 desta convocatoria, sen que concorran as circunstancias eximentes previstas no artigo 29.3 da Lei 9/2007, dará lugar á minoración do 10 % do custo subvencionable do dito concepto de gasto», debe dicir: «3. O incumprimento da obriga de presentar tres ofertas segundo o disposto no artigo 12 desta convocatoria, sen que concorran as circunstancias eximentes previstas no artigo 29.3 da Lei 9/2007, dará lugar á minoración do 10 % do custo subvencionable do dito concepto de gasto».

Na páxina 6124, no anexo II, onde di: «1.4. Coordinación dos recursos. Potenciais sinerxías e complementariedades», debe dicir: «1.3. Coordinación dos recursos. Potenciais sinerxías e complementariedades».

Na páxina 6125, no anexo II, onde di: «1.5. Xustificación do orzamento: descrición detallada de cada un dos gastos solicitados xustificando a súa necesidade», debe dicir: «1.4. Xustificación do orzamento: descrición detallada de cada un dos gastos solicitados xustificando a súa necesidade».

Na páxina 6129, no anexo III, onde di: «2.5. Plan de comunicación e difusión previsto:», debe dicir: «1.5. Plan de comunicación e difusión previsto:».