DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 15130

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación no marco da RIS3 Galicia 2021-2027, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europa no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN607E).

Advertido un erro no texto do extracto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 16, do 23 de xaneiro de 2024, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 6163, onde di:

«Ningunha entidade poderá recibir unha axuda ao abeiro desta convocatoria por un importe superior a 4.000.000 millóns de euros. Este límite máximo é independente do número de axudas concedidas».

Debe dicir:

«Ningunha entidade poderá recibir unha axuda ao abeiro desta convocatoria por un importe superior a 4.000.000 de euros. Este límite máximo é independente do número de axudas concedidas».