DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14808

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508B).

A consellería con competencias en materia de política social e xuventude convocou, para o ano 2023, a través da Orde do 11 de xaneiro de 2023, as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro).

Mediante a Resolución do 25 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, publicase a Resolución do 23 de maio de 2023 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 11 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 6 de xuño).

O artigo 16 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse para o día 8 de novembro de 2023.

Así mesmo, no número 1 do dito artigo 16 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 16.3 da dita orde establece que transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 14 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento o 8 de febreiro de 2024, no cal se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 16.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación xustificativa
das axudas concedidas

Convocatoria: Orde do 11 de xaneiro de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508B).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2023.

Data do acto: 8 de febreiro de 2024.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 16.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Relación de expedientes:

Nº de exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2023/038

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

– Xustificación da axuda concedida (art. 16).

2023/089

Asociación Cultural O Castro

G36116879

– Anexo II: debidamente asinado e revisar os puntos 2º e 3º.
– Anexo III: debidamente asinado.
– Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (art. 16.1.d).
– Presentar as pólizas e os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º).

2023/105

Fundación Juan Ciudad

G78519303

– Xustificación da axuda concedida por parte da entidade beneficiaria (art. 16).

2023/122

Fundación Baiuca Verdescente

G70542113

– Xustificación da axuda concedida (art. 16).

2023/130

Asociación San Xerome Emiliani

G36018802

– Memoria económica (art. 16.1.b).
– Anexo III, xunto coa documentación establecida no art. 16.1.d).

– Memoria das actividades realizadas: revisar as datas das actividades indicadas para que cumpran co indicado no art. 2.

2023/138

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

– Xustificación da axuda concedida (art. 16).

2023/142

Asociación de Voluntarios para Ayuda a Necesitados, AVAN

G15512502

– Memoria das actividades realizadas (art. 16.1.a).
– Memoria económica (art. 16.1.b).
– Presentar as pólizas e os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º).
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (art. 16.1.d).

2023/143

Asociación Nós Mesmas pola Loita dos Dereitos das Mulleres Homosexuais e Bisexuais

G27718907

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).
– Recibín do obradoiro de voluntariado correctamente asinado.

2023/149

Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, ANEDIA

G94079050

– Presentar as pólizas e os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º).
– Anexo III: corrixir acorde aos xustificantes dos gastos presentados.
– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III.
– Memoria das actividades realizadas: revisar as datas das actividades indicadas para que cumpran co indicado no art. 2.