Advertidos erros materiais na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 17, do 24 de xaneiro de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:
No artigo 6.2, na páxina 6716, onde di: «a. Bono Autónomo Concilia II», debe dicir: «b. Bono Autónomo Concilia II».
No artigo 6.2, na páxina 6716, onde di: «b. Bono Autónomo Concilia III», debe dicir: «c. Bono Autónomo Concilia III».
No artigo 7.3, na páxina 6717, onde di: «As persoas ou entidades que obtivesen con anterioridade axudas dos programas de conciliación (TR341R) para a mesma persoa menor, maior e/ou persoa con discapacidade», debe dicir: «As persoas ou entidades que obtivesen con anterioridade axudas dos programas de conciliación Bono Autónomo Concilia I e Bono Autónomo Concilia II (TR341R) para a mesma persoa menor, maior e/ou persoa con discapacidade».
No artigo 14, na páxina 6720, antes do parágrafo, onde di: «– Informe de vida laboral do Código conta de cotización correspondente ao mes en que se realiza a contratación da persoa traballadora que se contrata e pola que se solicita a subvención», debe ir un punto c) que diga o seguinte:
«c) Documentación específica Bono Autónomo Concilia II».
No artigo 22.2, na páxina 6729, onde di: «Así mesmo, procederá o reintegro da totalidade da axuda no caso de que a contratación indefinida realizada teña unha duración inferior a 3 anos, segundo o disposto no artigo 21.a)», debe dicir: «Así mesmo, procederá o reintegro da totalidade da axuda no caso de que a contratación indefinida realizada teña unha duración inferior a 3 anos, segundo o disposto no artigo 20.a)».