DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Redondela (expediente DH.A36.74806).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado mediante Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 11 de xullo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Regadores do Picoto-Cidadelle unha concesión de 2.453,16 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Cidadelle, da parroquia de Chapela (San Fausto), no concello de Redondela (Pontevedra), con destino a rega.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións