DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de obra de peche de parcela e instalación dunha piscina no concello de Fene (expediente DH.W15.91806).

En cumprimento do previsto no artigo 53.3 a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:

Solicitante: Ramón Francisco Espada Valeiro.

DNI: 3260*****.

Expediente: DH.W15.91806.

Lugar: O Souto da Ribeira (polígono 19, parcela 649).

Parroquia: Maniños (San Salvador).

Concello: Fene.

Descrición das obras:

As obras solicitadas consisten no peche de parcela e instalación dunha piscina.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada «Participación pública», así como nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, logo de cita no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte