DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Mazaricos (expediente DH.A15.61503).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado mediante o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Comunidade de Usuarios de Augas Chacín de Arriba unha concesión de 3.526 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Chacín de Arriba, da parroquia de Chacín (Santa Baia), no concello de Mazaricos (A Coruña), con destino a uso doméstico.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións