DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de concerto social para o servizo de atención temperá.

Por Resolución de Alcaldía do 8 de febreiro de 2024 aprobouse o expediente de concerto social, do que forma parte o prego de condicións, para prestar o Servizo de Atención Temperá, así como a convocatoria por urxencia do concerto social con envío de anuncio ao Diario Oficial de Galicia e apertura do procedemento para presentación de proposicións.

O prego de condicións regula o prazo de presentación, requisitos das entidades participantes, criterios de valoración, condicións técnicas de prestación do concerto social, prezo e obrigas e dereitos das partes. O mesmo pode consultarse na sede electrónica municipal, a través do taboleiro de anuncios electrónico:

https://ponteareas.sedelectronica.gal/info.0

Ponteareas, 8 de febreiro de 2024

María Nava Castro Domínguez
Alcaldesa