DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Instalación telecontrol no apoio 9XLFKHBL//60 da LMTA LOZ808B.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación telecontrol no apoio 9XLFKHBL//60 da LMTA LOZ808B, no concello de Marín, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 18 de xaneiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/037-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Instalación telecontrol no apoio 9XLFKHBL//60 da LMTA LOZ808B.

Concello: Marín.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data ocupación

Depósito previo

1

36026A027012010000LG

Descoñecido

18 de marzo de 2024

2024/54/10