DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS e CT A Carballeira, realizada pola empresa beneficiara da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT A Carballeira, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración, e así mesmo achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 1 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/020-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS e CT A Carballeira.

Concello: Pontevedra.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titular

1

36900A025001700000QJ

Prado de Arriba

Descoñecido

2

36900A025002620000QX

Carballeira

Descoñecido