DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2024, da Comisaría de Augas de Galicia, polo que se notifica a resolución de extinción por causa de caducidade dun dereito concesional relativo a unha concesión outorgada no río Ulla, nos concellos de Agolada (Pontevedra) e Santiso (A Coruña) (expediente 5/244/13/2).

Sendo descoñecidos os interesados no procedemento, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), notifícase a resolución pola que se declara a extinción por causa de caducidade dunha concesión de augas no río Ulla, nos concellos de Agolada e Santiso.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos documentos que conforman o expediente e constancia de tal coñecemento. Así mesmo, indícase que poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da comparecencia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que se poida exercer, de ser o caso, calquera outro que se considere procedente.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2024

Roberto Arias Sánchez
Comisario de Augas de Galicia