DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello da Estrada (expediente DH.A36.64227).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 9 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios Fontefría unha concesión de 843,15 m3 anuais de auga que procede de dous mananciais situados no lugar de Aldea Grande, da parroquia de Ribela (Santa Mariña), no concello da Estrada (Pontevedra), con destino a uso doméstico.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións