DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2024, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial do proxecto de execución da senda fluvial pola marxe dereita do río Lagares desde a estrada de Moledo ata a conexión co polígono Miraflores (expediente 669/403).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 5 de xaneiro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación inicial ao proxecto da senda fluvial no río Lagares, pola marxe dereita do río Lagares desde a estrada de Moledo ata a conexión co sendeiro existentes (polígono de Miraflores-Vigo), documentación técnica inserida no rexistro electrónico desta xerencia municipal de urbanismo o 5.5.2023 (doc. núm: 230123203 e cód. sol.: W905069-1117), redactada pola entidade Fulcrum en xaneiro de 2023 e asinada o 4 de maio de 2023, con firma dixital válida, pola enxeñeira de camiños, canais e portos Mónica Campo Renedo e o enxeñeiro técnico en topografía José Luis Llanos Campo.

Segundo. Someter ao trámite de información pública o proxecto polo prazo de trinta (30) días hábiles, mediante a publicación de senllos anuncios no Diario Oficial de Galicia, no BOP de Pontevedra e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que as persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e/ou alegacións que consideren convenientes, en particular sobre a concepción global da actuación e a solución adoptada. Computarase o remate do referido prazo desde a data da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e a secretaria xeral que ten atribuída a competencia dilixenciará a documentación exposta.

Terceiro. O contido íntegro do proxecto inicialmente aprobado estará dispoñible na seguinte ligazón https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/, e no Portal de transparencia».

Para os efectos de dar cumprimento ao punto segundo da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_infra.php?lang=gal (modifícase a ligazón con respecto á indicada no acordo adoptado, por entender que esta nova localización resultará moito máis intuitiva para os cidadáns que queiran consultar este tipo de proxectos) e no departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo (praza do Rei, s/n, Vigo), para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

– Poden poñerse en contacto co departamento de Información de Urbanismo, para solicitar cita previa ou para resolver calquera dúbida ao respecto, no teléfono 986 81 03 49.

– Para presentar documentos ou escritos de alegacións poden solicitar, preferentemente, cita previa no Rexistro de Urbanismo, no teléfono 986 81 03 44.

Ante a eventualidade de que puidesen existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a publicación do presente anuncio servirá de notificación co alcance e finalidade previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 8 de xaneiro 2024

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Gobierno de Urbanismo e Vivenda