Anuncio polo que se nomean persoal laboral fixo da Fundación de Ferias y Exposiciones de Lugo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos e categorías de encargado/a xefe de mantemento (III-06) e Secretaría xeral (I-04), convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro).
Mediante a Resolución do 18 de decembro, da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, na Fundación de Ferias y Exposiciones de Lugo, proponse o nomeamento como persoal laboral fixo das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.
Vista a dita resolución, mediante acordo do Padroado da Fundación de Ferias y Exposiciones de Lugo noméase persoal laboral fixo da Fundación de Ferias y Exposiciones de Lugo, nas categorías indicadas, as persoas que se relacionan a seguir:
– Miguel López Reigosa, con DNI ***3169**, no grupo e categoría encargado/a xefe de mantemento (III-06).
– María de Lourdes Pardo Rodríguez, con DNI ***0555**, no grupo e categoría Secretaría xeral (I-04).
A resolución da Comisión de Selección e o acordo do Padroado publicaranse no portal web corporativo da Fundación de Ferias y Exposiciones de Lugo www.pfclugo.com
Lugo, 21 de xaneiro de 2024
Rubén López Fernández
Xerente da Fundación de Ferias y Exposiciones de Lugo