DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12887

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso dunha parcela situada na avenida do Ferrocarril, 24, A Coruña (expediente 631/2023/225).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria realizada o 14 de decembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Cambiar o uso dunha superficie de 440,81 m2 de solo da parcela situada na avenida do Ferrocarril, 24, con referencia catastral 7600911NH4979N, cualificados como vía local pública, pasando a ter una cualificación urbanística de equipamento público.

Segundo. Mudar a cualificación urbanística do equipamento de continxencia “SL-EQ-DM (Ob)”, prevista pola modificación puntual do PXOM/13, pasando a ter unha cualificación de equipamento administrativo “SL-AD (Ob)”.

Terceiro. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Remitir o acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e aos departamentos municipais interesados na súa tramitación, para os efectos do seu coñecemento».

O contido íntegro do cambio de uso aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo; e de forma dixital na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor «desenvolvemento do planeamento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 28 de decembro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño;
BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área
de Economía e Planificación Urbana