DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12620

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para fomentar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través de apoios para a preparación de propostas (bonos) e o financiamento de propostas excelentes que contan co Selo de excelencia da Comisión Europea (rescate de selos de excelencia) (códigos de procedemento IN851B e IN607H).

A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado.

Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no seu artigo 27.19 que corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ten por obxecto establecer o marco para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da transferencia e valorización de resultados e da innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así como da súa xestión eficiente. Esta lei, no seu capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación tecnolóxica dentro da Administración galega e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas a través da implementación de tecnoloxías e programas de innovación eficientes. Entre os seus obxectivos destacan o de definir e desenvolver as políticas públicas que permitan, ás empresas e ao resto de axentes, o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento.

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027. Esta estratexia define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma de Galicia para este período. O Plan galego de investigación e innovación 2022-2024 concreta, desde un punto de vista operativo, este marco estratéxico.

Esta nova RIS3, para o período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, a estratexia, por unha banda, orienta as capacidades e os esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais e, pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de cinco obxectivos estratéxicos arredor dos cales articula os instrumentos e as actuacións que se van desenvolver integrados nos correspondentes programas.

No obxectivo estratéxico 5 da RIS3 inclúese o programa Posiciona que ten como obxectivo asentar as bases para impulsar unha maior colaboración e presencia de axentes do Ecosistema Galego de Innovación no ámbito internacional. Ao seu abeiro articúlase este instrumento específico para o desenvolvemento de sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas de I+D+i europeas, na procura dun aliñamento estratéxico que facilite a internacionalización do ecosistema galego de innovación. As axudas ao abeiro destas bases están aliñadas cos tres retos e as tres prioridades da RIS3 de Galicia 2021-2027.

O programa Horizonte Europa, como o seu predecesor Horizonte 2020, é o instrumento fundamental para levar a cabo as políticas de I+D+i da UE. Ten como obxectivo xeral acadar a través dos investimentos da UE neste ámbito un impacto científico, tecnolóxico, económico e social, fortalecendo, desta maneira, as súas bases científicas e tecnolóxicas, e fomentando a competitividade de todos os Estados membros (EE MM).

A través das axudas destas bases reguladoras perséguense acadar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas de I+D+i europeos contando coa posibilidade de cofinanciamento europeo a través dos fondos Feder. O obxectivo é avanzar no patrón de especialización de Galicia de xeito aliñado coas grandes prioridades europeas intensificando a colaboración interrexional, á vez que se avanza nun modelo de financiamento para os axentes do ecosistema galego de innovación o máis eficiente posible, cunha axeitada combinación dos fondos públicos de financiamento da I+D+i. Este enfoque está aliñado coas directrices da Comisión Europea (en diante, CE) (Comunicación da Comisión: «sinerxias entre Horizonte Europa e os programas do Feder», (2022/C 421/03). En concreto, nestas bases recóllense dous tipos de axudas:

a) Bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i (liña 1):

Son apoios previos ao proceso internacional que buscan fomentar a participación galega nestes programas ou iniciativas internacionais de I+D+i.

Estas axudas prevén un apoio inicial, anterior á presentación da proposta, e un premio ou prevén vinculado á avaliación desa proposta por parte da Comisión Europea ou outro organismo internacional ao cal se solicite. As axudas defínense deste xeito para poder ter en conta na súa concesión a calidade das propostas. A normativa dos fondos comunitarios (en concreto, o artigo 63.6 do Regulamento (UE) 2021/1060) non permite a selección de operacións xa rematadas, polo que a preparación dunha proposta xa presentada non sería xa susceptible de cofinanciamento pola Unión Europea con fondos Feder. Debido a esta limitación é preciso articular parte da axuda en forma de premio ou incentivo, coa finalidade de poder integrar o enfoque a resultados nestas axudas.

b) Financiamento de propostas excelentes que contan con Selo de excelencia ou Seal of Excellence (SoE polas súas siglas en inglés) da CE (liña 2):

Neste caso o apoio autonómico é posterior á participación da entidade galega no proceso internacional, recollendo a avaliación acadada neste como esquema de simplificación que asegura o apoio de propostas excelentes.

O Selo de excelencia ou Seal of Excellence (SoE polas súas siglas en inglés) é un Selo de calidade que outorga a CE ás propostas avaliadas nalgunha convocatoria no marco dun instrumento da Unión que se considera que cumpren os requisitos de calidade do dito instrumento, pero que non puideron financiarse debido a restricións orzamentarias. O certificado do Selo de excelencia recoñece o valor da proposta e axuda a outros organismos de financiamento a aproveitar o proceso de avaliación da Comisión. Estas axudas centraranse nos selos de excelencia do programa Horizonte Europa da CE.

A disposición adicional décimo primeira da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, que ten carácter básico, permite a concesión directa de subvencións para o financiamento de proxectos de investigación científica, técnica e innovación que sexan consecuencia de convocatorias públicas competitivas avaliadas internacionalmente ao abeiro de acordos internacionais ou na execución do programa plurianual da Unión Europea e do Programa marco de investigación e innovación da UE.

A Axencia galega de Innovación tamén ten previsto a posta en marcha de apoios destinados ao cofinanciamento de propostas internacionais de I+D+i estratéxicas e excelentes que conten xa con financiamento da Comisión Europea, ou doutro organismo internacional, ao ter sido seleccionadas nalgún dos seus procesos. Esta vía de apoio exixe un alto nivel de flexibilidade para poder adaptarse ás características específicas de cada proposta e asegurar que ese cofinanciamento sexa compatible coa normativa. Por este motivo, esta terceira modalidade de apoio autonómico, que acompañaría o internacional neste esquema de sinerxías, non se inclúe nestas mesmas bases reguladoras e articularase de xeito específico.

Ademais das directrices da CE na definición destas axudas intégrase o coñecemento adquirido na xestión de anteriores axudas da Gain para a mellora da participación de Galicia no Programa marco da Unión Europa e outros programas de I+D+i internacionais. En concreto:

a) Programa bonos de innovación: bonos internacionais (Resolución do 16 de setembro de 2013 publicada no DOG do 23 de setembro).

b) Subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Resolución do 31 de maio de 2019 publicada no DOG do 11 de xullo).

Ambos os réximes de axudas xestionados cun amplo prazo de solicitude e articulados baixo un réxime de concorrencia non competitiva.

En liña co exposto, a concesión destas axudas ao abeiro destas bases desenvolverase segundo un réxime de concorrencia non competitiva, articulado a través de convocatorias periódicas ata 2027 abertas gran parte do ano.

O procedemento de concorrencia non competitiva motívase:

a) No caso dos bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i: pola ampla casuística e heteroxeneidade das posibles propostas e polo feito de estar ligados á avaliación competitiva do organismo internacional na parte de premio ou incentivo.

Os distintos programas internacionais de I+D+i, entre eles o programa Horizonte Europa, recollen diferentes tipos de actividades cada unha cuns requisitos específicos. Esta ampla diversidade entre as propostas que se vaian presentar provoca que a comparación entre solicitudes para establecer unha prelación entre elas non poida realizarse con rigor en función duns mesmos criterios de valoración comparativos.

Por outra banda, o condicionamento de parte da axuda (o premio ou incentivo) á avaliación competitiva do organismo internacional fai que na concesión destes apoios se teña en conta a avaliación competitiva desenvolvida no procedemento internacional e así dirixir estas axudas a propostas de calidade.

b) No caso do financiamento de proxectos que acadaron o Selo de excelencia: a concesión destas axudas está vinculada directamente coa avaliación competitiva da proposta presentada ao programa Horizonte Europa, polo que non é preciso realizar unha nova avaliación. Isto simplifica o procedemento destas axudas en liña coa disposición adicional décimo primeira da Lei 14/2011, do 1 de xuño. O Selo só se concede a propostas excelentes que, a pesar da súa calidade, non puideron ser financiadas pola CE por insuficiencia de crédito.

Por outra banda, a configuración destas bases de xeito plurianual, ao abeiro das cales se ampararán convocatorias periódicas cun prazo de solicitude amplo, busca afondar na obtención dun sistema de axudas eficaz. As oportunidades de financiamento internacional da I+D+i publícanse de xeito continuado ao longo de todo ano, polo que é preciso esa amplitude no prazo de solicitude para acadar unha axeitada sincronización entre o procedemento internacional e o destas axudas. Sen este acompasamento entre ambos os procedementos non se acadarían as sinerxías e complementariedades coas oportunidades de financiamento internacional de I+D+i, especialmente co programa Horizonte Europa, obxectivo destas axudas.

Este sistema, ademais de diminuír a incerteza dos potencias beneficiarios sobre a obtención do apoio público, permite adaptar os recursos económicos dispoñibles á demanda de solicitudes observada.

Segundo todo o exposto:

– A necesidade de axustar a cronoloxía do procedemento autonómico ao internacional.

– O apoio na avaliación realizada polo organismo internacional para a xestión destas axudas.

Xustifícase a necesidade de que os apoios ao abeiro destas bases se articulen a través de convocatorias periódicas abertas gran parte do ano baixo un réxime de concorrencia non competitiva.

No caso dos bonos esta periodicidade será anual e no caso dos selos de excelencia estará suxeita á súa potencial demanda en virtude dos selos acadados por entidades galegas no programa Horizonte Europa.

O retorno acadado por Galicia nos programas internacionais de I+D+i, en especial no programa Horizonte Europa, mostra unha taxa de participación das pemes inferior á da media nacional. Por este motivo inicialmente as axudas que se convocarán ao abeiro destas bases terán por destinatario ás pemes e os organismos de investigación como os seus tractores, co obxectivo de mellorar estes resultados.

En función da avaliación dos resultados que se vaian acadando durante o período 2021-2027, estas bases poderán adaptarse modificando ou incluíndo outro tipo de destinatarios e tamén de actuacións que se consideren estratéxicas para o desenvolvemento de sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outras iniciativas europeas de I+D+i.

Consecuentemente con todo o anterior, a Axencia Galega de Innovación, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro,

DISPÓN:

Bases reguladoras dos bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i e o financiamento de propostas que contan co Selo de excelencia da Comisión Europea.

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas para fomentar sinerxías e complementariedades co Programa marco de investigación e innovación Horizonte Europa (en diante, Horizonte Europa) e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i, impulsando a participación de entidades galegas nestes programas.

2. Estas axudas convocaranse, en réxime de concorrencia non competitiva, de xeito periódico ata o ano 2027 mediante a resolución da directora da Axencia Galega de Innovación. No caso dos bonos para a preparación de propostas (código do procedemento IN851B), as convocatorias serán anuais. Na liña de rescate de selos de excelencia (código de procedemento IN607H), a periodicidade das convocatorias estará vinculada á concesión pola Comisión Europea (en diante, CE) de selos a entidades galegas, co obxectivo de axustar estas axudas á súa potencial demanda.

No articulado das respectivas convocatorias estableceranse todas aquelas particularidades non contidas nestas bases que se consideren precisas.

No anexo I destas bases recóllense ademais unha serie de definicións que serán de aplicación nestas convocatorias.

Artigo 2. Actuacións subvencionables

1. As convocatorias periódicas ao abeiro destas bases reguladoras recollerán os seguintes tipos de apoios:

a) Liña 1 (código de procedemento IN851B): bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas I+D+i.

Axudas para a preparación de propostas que se vaian presentar ao programa Horizonte Europa, e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i, a través da contratación dos servizos de entidades especializadas (entidades consultoras).

Ademais, no caso de que estas propostas inicialmente apoiadas logren superar os limiares de avaliación da convocatoria europea de I+D+i a que se presenten, pero sen obter financiamento, poderán optar a unha axuda en forma de premio ou incentivo que complementa o bono inicial. O obxectivo deste complemento é premiar a calidade da proposta presentada e estimular a participación futura nestas iniciativas.

b) Liña 2 (código de procedemento IN607H): rescate de selos de excelencia.

Axudas para o financiamento de proxectos de I+D e estudos de viabilidade que conten cun Selo de excelencia da Comisión Europea (en diante, CE) no marco do programa Horizonte Europa. Cada convocatoria periódica publicada ao abeiro destas bases poderá establecer o período temporal en que debería terse obtido o Selo de excelencia para que a proposta sexa subvencionable.

2. As axudas que se concedan no marco das diferentes convocatorias periódicas, axustaranse:

a) No caso da liña 1 (IN851B):

– Ao Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L, 2023/2831, do 15 de decembro).

– Ao Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño).

– Ao Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro).

– Ao Regulamento (UE) 2023/2391 da Comisión, do 4 de outubro de 2023, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 717/2014, (UE) nº 1407/2013, (UE) nº 1408/2013 e (UE) nº 360/2012, no que incumbe ás axudas de minimis para a transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura e o Regulamento (UE) nº 717/2014, no que respecta ao importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa, o seu período de aplicación e outros asuntos.

b) No caso da liña 2 (IN607H): ao artigo 25.bis do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

Artigo 3. Requisitos das actuacións subvencionables

3.1. Requisitos dos bonos para a preparación de propostas europeas de I+D+i (liña 1-IN851B).

a) As propostas deberán presentarse a convocatorias do programa Horizonte Europa ou de outras iniciativas europeas de I+D+i. Non será subvencionable a preparación de propostas que, aínda que poidan considerarse innovadoras polo seu contido, non se presenten a unha convocatoria ou iniciativa dirixida especificamente ao financiamento de actuacións de I+D+i.

b) Deberán ser propostas que se presenten a convocatorias dunha única fase ou, no caso de convocatorias con procedementos de avaliación de dúas fases, ser propostas completas que se presenten á segunda delas. Aínda que en xeral as convocatorias internacionais de I+D+i son para propostas en cooperación, non se exclúe a preparación de propostas individuais previstas dentro dos programas europeos.

c) En cada convocatoria anual soamente será subvencionable a preparación de propostas que se presenten a convocatorias europeas de I+D+i no ano en cuestión e sempre antes do 30 de novembro del.

d) Non será subvencionable a preparación dunha proposta xa finalizada antes da solicitude de axuda do bono. Deste xeito, non poderá solicitarse un bono para unha proposta xa presentada ao programa Horizonte Europa ou outra iniciativa europea de I+D+i.

No caso de procedementos europeos de solicitude de dúas fases, entenderase que a presentación da proposta á primeira delas non supón o incumprimento deste requisito. O bono solicitaríase para a preparación da proposta que se vaia presentar á segunda fase.

e) Todas as proposta apoiadas deberán achegar o informe de avaliación (ESR-Evaluation Summary Report) en canto este se reciba e sempre antes do peche da convocatoria anual á cal se solicitou o bono.

A través deste informe comprobarase se a proposta presentada cumpre os requisitos para optar ao premio ou incentivo á súa calidade. No caso en que este informe non poida achegarse antes do peche da convocatoria anual á cal se concorreu porque aínda non se recibise, esta axuda considerarase plurianual. A imposibilidade do cumprimento deste prazo deberá xustificarse de forma motivada por causas non atribuíbles á entidade beneficiaria, en caso contrario, xa non poderá accederse ao premio ou incentivo aínda que se cumpran os requisitos para obtelo. En todos os casos, se no prazo máximo de 9 meses tras a presentación da proposta á convocatoria europea de I+D+i á cal concorreu, non se remitise á Axencia o informe de avaliación, xa non poderá accederse ao premio ou incentivo.

f) Só poderán optar ao premio aquelas propostas que xustificasen de forma axeitada a primeira parte do bono vinculada á preparación da proposta e non acadasen financiamento na convocatoria europea á que se presentaron.

g) Só se financiará a preparación de propostas que, de obter financiamento ao abeiro da convocatoria europea á cal se presenten, se desenvolverían na Comunidade Autónoma galega. Por este motivo, as entidades beneficiarias e as pemes que participan nas propostas solicitadas por organismos de investigación deberán ter na Comunidade o seu domicilio social ou algún centro de traballo onde se desenvolvería a proposta.

3.2. Requisitos das propostas con Selo de excelencia (liña 2-IN607H):

a) As actividades subvencionables do proxectos de I+D ou do estudo de viabilidade que se vaian financiar ao abeiro destas bases serán as definidas como tal no programa Horizonte Europa, excluíndo aquelas actividades da proposta que vaian máis alá do desenvolvemento experimental, tal e como se indica no artigo 25.bis do Regulamento (UE) nº 651/2014 ao cal se axustarán estas axudas.

A definición de desenvolvemento experimental que se terá en conta será a recollida no anexo I destas bases.

b) Os proxectos e estudos deberán executarse segundo a proposta avaliada pola Comisión polo que poderán ser actuacións anuais ou plurianuais, sen cambios que puidesen afectar esta avaliación. Deberán ser actuacións de tipo individual, entendido isto como proxectos ou estudos en que no seu desenvolvemento unicamente participa un beneficiario dos mencionados no artigo 4 seguinte, é dicir, só unha peme. Se participase máis dunha peme que cumpra os requisitos para ser beneficiaria desta axuda, cada unha delas presentará unha solicitude de financiamento individual e por separado.

c) Os proxectos e estudos poderán terse iniciado pero non estar rematados cando se solicite a axuda. Poderán ser financiables os custos previos á presentación da solicitude da axuda á Axencia Galega de Innovación, sempre que se executen no período elixible da convocatoria á cal se presenten.

d) Só se financiarán proxectos de I+D e estudos de viabilidade que se vaian desenvolver na Comunidade Autónoma galega, polo que as entidades beneficiarias deberán ter na Comunidade o seu domicilio social ou algún centro de traballo.

3.3. Requisitos comúns a ambas as liñas de axuda (IN851B e IN607H).

a) Será requisito imprescindible que a proposta para a cal se solicita a axuda, ou o proxecto/ estudo con Selo de excelencia que se rescata, estean aliñados cos retos e prioridades da RIS3 Galicia 21-27. A descrición destes retos e prioridades recóllense no anexo I destas bases.

b) En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados (en diante, RDC), as actuacións que se leven a cabo coas axudas financiadas ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

En atención ao considerando 10 do RDC (Regulamento de disposicións comúns), o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, que fixan os obxectivos ambientais que se vaian protexer.

1. Mitigación do cambio climático.

2. Adaptación ao cambio climático.

3. Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

4. Transición para unha economía circular.

5. Prevención e control da contaminación.

6. Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Ademais do principio DNSH, as actuacións subvencionadas deberán respectar o resto dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC, en particular:

– Garantir o respecto dos dereitos fundamentais e a conformidade coa Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea.

– Velar porque se promova a igualdade entre homes e mulleres e a integración da perspectiva de xénero.

– Respectar a normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade.

– Ter en conta medidas favorecedoras da accesibilidade, debendo cumprir toda a normativa sobre accesibilidade para persoas con discapacidade que sexa de aplicación segundo o tipo de investimento solicitado.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:

1.1. No caso dos bonos para a preparación de propostas (liña 1-IN851B):

a) As pequenas e medianas empresas (pemes), conforme as definicións contidas no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

b) Os organismos de investigación galegos sempre que na proposta para a que soliciten o bono participe tamén unha peme. Esta peme deberá ter a súa sede social ou un centro de traballo en Galicia, onde desenvolvería a súa participación na proposta europea de obter este financiamento.

Ao abeiro destas axudas considéranse organismos de investigación galegos:

– Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia inscritos no Rexistro Estatal de Centros regulado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro.

– As universidades do Sistema universitario galego.

– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.

– As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.

– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.

1.2. No caso do rescate de selos de excelencia (liña 2-IN607H) soamente as pemes, conforme a definición contida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, poderán ser beneficiarias destas axudas.

2. As entidades beneficiarias deberán cumprir ademais os seguintes requisitos:

2.1. Para ambas as liñas (IN851B e IN607H):

a) Estar validamente constituídas no momento da presentación da solicitude.

b) Ter o domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde desenvolverían as actuacións subvencionables.

c) Non concorrer nelas algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, estar suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

2.2. No caso das axudas para rescate de selos de excelencia (liña 2-IN607H):

a) Cumprir os prazos de pagamento a provedores segundo o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Non ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (definición recollida no punto 6 do anexo I destas bases).

3. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a verificación destes requisitos e requirirá o solicitante, se fose necesario, os documentos oportunos.

Artigo 5. Requisitos das entidades especializadas (entidades consultoras) dos bonos (liña 1-IN851B)

1. As entidades que vaian contratar as pemes e organismos de investigación deben ser entidades consultoras que cumpran os seguintes requisitos:

a) Non ser unha entidade asociada ou vinculada coa entidade solicitante.

b) Non participar como coordinador ou como socio na proposta para a que se solicita a axuda.

2. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a verificación destes requisitos e requirirá a través do solicitante, se fose necesario, os documentos oportunos. Ademais a Axencia poderá publicar na súa páxina web (http://gain.xunta.gal) unha listaxe das entidades especializadas que teñan participado na preparación de propostas que reciban apoio a través destas axudas.

Artigo 6. Financiamento

1. As subvencións imputaranse ás aplicacións orzamentarias previstas en cada unha das convocatorias periódicas que se publicarán ao abeiro destas bases e que fixarán ademais o orzamento dispoñible para atender as solicitudes presentadas a cada unha delas.

2. As solicitudes atenderanse por orde cronolóxica ata o esgotamento do crédito consignado, considerándose como data de presentación aquela en que unha solicitude reúna toda a documentación requirida, unha vez emendadas todas as posibles deficiencias.

3. As axudas ao abeiro destas bases serán susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, obxectivo político OP1 «Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e a comunicación, prioridade 1.A «Transición dixital e intelixente», obxectivo específico: RSO 1.1. «Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas», liña de actuación L.A.1.1.07. «Articulación de diferentes apoios para fomentar as sinerxías e complementariedades con axudas doutras administracións: nacional e europea».

Respecto aos tipos de intervención, prevese o seguinte:

– TI 028. Transferencia de tecnoloxía e cooperación entre empresas, centros de investigación e o sector da ensinanza superior.

Os seus indicadores son:

– Indicadores de realización: RCO01 empresas apoiadas (empresas) e RCO02 empresas apoiadas a través de subvenciones (empresas).

– Indicador de resultado: RCR02 Investimentos privados que acompañan ao apoio público (euros).

Tal e como se indicaba antes, estas axudas son susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do 60 %, computándose o 40 % restante como investimento privado elixible das entidades beneficiarias.

Artigo 7. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas que se concedan ao abeiro destas bases concederanse en forma de subvención como unha porcentaxe do investimento subvencionable específico en cada liña.

2. No caso dos bonos (liña 1-IN851B), as intensidades máximas serán as seguintes:

2.1. Intensidades básicas:

Intensidades máximas básicas-Táboa I.A

Bono inicial para a preparación da proposta europea

30 %

Incentivo/premio no caso de que a proposta supere os limiares da convocatoria europea de I+D+i

20 %

2.2. Estas intensidades poderán incrementarse nos seguintes casos, tal e como se recolle na táboa I.B.

a) No caso de bonos solicitados por pemes, cando na proposta europea participe polo menos un organismo de investigación galego.

b) No caso de bonos solicitados por organismos de investigación galegos, cando na proposta europea participe máis dunha peme ou a proposta se presente a unha convocatoria europea de financiamento en cascada. As pemes deberán ter a súa sede social ou un centro de traballo en Galicia onde desenvolverían a súa participación na proposta europea de obter esta financiamento.

Intensidades máximas-Táboa I.B

Bonos solicitados por pemes no caso en que no consorcio participe polo menos un organismo de investigación galego

Bono inicial para a preparación da proposta europea

35 %

Incentivo/premio no caso de que a proposta supere os limiares da convocatoria europea de I+D+i

25 %

Bonos solicitados por organismos de investigación no caso en que no consorcio participe máis dunha peme ou a proposta se presente a unha convocatoria europea de financiamento en cascada

Bono inicial para a preparación da proposta europea

35 %

Incentivo/premio no caso de que a proposta supere os limiares da convocatoria europea de I+D+i

25 %

En todos os casos respectaranse sempre os seguintes límites por bono:

Importes máximos do bono-Táboa II

Nº socios do consorcio da proposta

Rol do solicitante na proposta

Socio

Coordinador ou solicitante único

≥ 5 socios

7.000 euros

17.000 euros

< 5 socios ou solicitante único

5.000 euros

10.000 euros

2.3. Ao abeiro destas axudas considéranse organismos de investigación galegos:

– Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia inscritos no Rexistro Estatal de Centros regulado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro.

– As universidades do Sistema universitario galego.

– Os Centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.

– As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.

– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.

3. No caso do financiamento de proxectos de I+D ou estudos de viabilidade con Selo de excelencia (liña 2-IN607H), a intensidade da axuda será a mesma que a solicitada ao programa Horizonte Europa polo estudo ou proxecto que se rescata (artigo 25.bis do Regulamento (UE) nº 651/2014), cun límite máximo do 60 %. Ademais, o importe máximo da axuda non excederá os 2,5 millóns de euros por peme e por proxecto de investigación e desenvolvemento ou estudo de viabilidade.

4. As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro destas bases reguladoras serán incompatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración, ente público ou privado, nacional ou autonómico.

Artigo 8. Axudas de minimis

1. Os bonos para a preparación de propostas (liña 1-IN851B) concedidos ao abeiro destas bases deberán respectar o importe total máximo permitido para as axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa recollidos nos regulamentos indicados no anterior artigo 2.2.

Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.

2. Por «única empresa» para os efectos de acumulación de axudas de minimis deberá entenderse que todas as entidades que estean controladas por unha mesma entidade deben considerarse unha mesma empresa e no formulario de solicitude deberán consignarse as axudas de todas elas á entidade solicitante.

3. As axudas de minimis consideraranse concedidas no momento en que se lle recoñeza á empresa o dereito legal a recibir a axuda en virtude do réxime xurídico estatal aplicable, con independencia da data de pagamento da axuda de minimis á empresa.

Artigo 9. Gastos subvencionables nos bonos (liña 1-IN851B)

1. No marco das convocatorias anuais que se publiquen ao abeiro destas bases reguladoras serán subvencionables os gastos de contratación de entidades especializadas para a preparación de propostas ao programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i que se presenten a convocatorias no ano en cuestión, sempre antes do 30 de novembro.

2. Só se admitirán aqueles gastos que cumpran os requisitos de subvencionabilidade descritos no artigo 3 aplicables á liña 1-IN851B (puntos 3.1 e 3.3) e no artigo 5. A data da factura ou facturas da entidade consultora que preparou a proposta deberá ser coherente coas datas da súa preparación. O seu pagamento terá que ser anterior ao 15 de decembro do ano da convocatoria anual á cal se solicitou o bono e non poderá optarse ao premio ou incentivo se este pagamento non está antes realizado.

3. Non serán subvencionables os seguintes gastos:

a) Os gastos de consultoría relacionados coa preparación da proposta que se inclúan xa entre os gastos solicitados á Comisión Europea ou ao organismo internacional ao que esta se presenta.

b) As actividades de asesoramento periódico que realice a entidade especializada (entidade consultora).

c) O imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional.

Artigo 10. Gastos subvencionables no rescate de selos de excelencia (liña 2-IN607H)

1. No marco das convocatorias periódicas que se publiquen ao abeiro destas bases reguladoras na liña 2 (IN607H), as categorías ou tipos de gasto e os métodos de cálculo dos custos subvencionables serán os definidos como admisibles en virtude das normas do programa Horizonte Europa, tal e como se indica no artigo 25.bis do Regulamento (UE) nº 651/2014. É dicir, os gastos subvencionables ao abeiro destas axudas serán os mesmos que os solicitados ao programa Horizonte Europa polo proxecto ou estudo que se rescata e que conta co Selo de excelencia da Comisión Europea. Ademais, será necesario o cumprimento dos requisitos indicados no artigo 3 aplicables á liña 2-IN607H (puntos 3.2 e 3.3).

Os gastos incluídos na proposta europea que obtivo o Selo deberán detallarse nos formularios de solicitude previstos en cada convocatoria ao abeiro destas bases.

2. Só serán financiables aqueles gastos que respondan sen dúbida á natureza da actividade que se vaia financiar e resulten estritamente necesarios con base na descrición do proxecto ou do estudo avaliado pola Comisión Europea.

Deben cumprir ademais os requisitos de subvencionabilidade descritos nos artigos 2 e 3 aplicables a esta liña 2 (IN607H), e ser realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda. No caso de axudas plurianuais que recollan xustificacións intermedias deberase atender aos períodos de execución para cada anualidade.

3. O orzamento total do estudo ou proxecto non poderá superar o importe total do orzamento presentado á convocatoria do programa Horizonte Europa en que obtivo o Selo de excelencia.

Artigo 11. Subcontratacións

1. Considéranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución dunha parte da actividade que constitúe o obxecto da subvención.

2. No caso da liña 2 de rescate de proxectos ou estudos con Selo de excelencia (IN607H), poderán ser obxecto de subcontratación aquelas actividades que forman parte da actuación subvencionada pero que non poden ser realizadas pola entidade beneficiaria por si mesma de xeito xustificado. Así deberá estar tamén previsto no proxecto ou estudo presentado ao programa Horizonte Europa. O importe máximo das actividades subcontratadas será do 80 % do orzamento total elixible, sempre respectando o orzamento presentado e avaliado pola CE.

3. No caso en que a entidade que se vai subcontratar estivese especificada no orzamento da solicitude deberase achegar, cando corresponda segundo o indicado no artigo 12, as tres ofertas. En caso de que esta entidade non estivese especificada no orzamento da solicitude e se concedese a axuda, o beneficiario deberá achegar esta documentación no momento da xustificación.

4. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 por cento do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

– Que o contrato se realice por escrito.

– Que a súa realización sexa autorizada previamente pola Axencia Galega de Innovación.

5. A entidade beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio DNSH «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

Neste sentido, a entidade beneficiaria da axuda exixiralles aos subcontratistas unha declaración responsable de cumprir co principio de non ocasionar un prexuízo significativo ao ambiente. Tamén lles deberá exixir un compromiso por escrito para conceder os dereitos e o acceso necesarios para que o ordenador competente, a Fiscalía Europea, a OLAF, o Tribunal de Contas e, cando proceda, as autoridades nacionais e autonómicas competentes exerzan plenamente as súas respectivas competencias.

6. En ningún caso o/a beneficiario/a poderá subcontratar con:

– Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

– Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

– Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

– Persoas ou entidades solicitantes da axuda na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non acadaren a valoración suficiente.

7. No caso da liña 2 (IN607H) en que a subcontratación se realice con entidades vinculadas ao beneficiario, deberá solicitarse autorización previa á Axencia Galega de Innovación e acreditar que se realiza de acordo co previsto no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

A subcontratación que figure na solicitude de axuda considerarase autorizada en caso da concesión da axuda.

Conforme a disposición adicional vixésimo sétima da Lei xeral de subvencións, no suposto de beneficiarios que formen parte dos órganos de goberno dos centros tecnolóxicos de ámbito estatal, inscritos no Rexistro de centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación que reúnan os requisitos establecidos na Orde CIN/310/2021, do 30 de marzo, non será de aplicación:

– A necesaria autorización previa pola Axencia Galega de Innovación para subcontratar a persoas ou entidades vinculadas co beneficiario (artigo 29.7.d) da Lei xeral de subvencións) ou para a subcontratación de actividades concertada con terceiros que excedan o 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros (artigo 29.3, letra b) da Lei xeral de subvencións). Si será necesario a achega do contrato celebrado por escrito.

– A necesidade de solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten o subministren, ou salvo que o gasto realizarase con anterioridade á subvención, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, para o contrato menor (artigo 31.3 da Lei xeral de subvencións).

Artigo 12. Ofertas

1. Conforme o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o/a beneficiario/a deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren. Conforme o disposto no artigo 31.3 da Lei xeral de subvencións esta excepción deberá xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Conforme o establecido na disposición adicional 54ª da Lei de contratos do sector público, terán a consideración de contratos menores os contratos de subministracións e de servizos dirixidos a proxectos de investigación de valor estimado inferior ou igual a 50.000 euros, sempre que non se destinen a servizos xerais ou de infraestrutura.

Non exime da obriga da solicitude de tres ofertas o feito de contar con provedores homologados, o feito de que se trate de provedores habituais ou a proximidade do provedor á entidade solicitante.

Artigo 13. Prazo das solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes tanto da liña 1 de bonos (IN851B) como da liña 2 de rescate de selos de excelencia (IN607H) comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria correspondente no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o 15 de novembro dese ano ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso de que se produza antes desta data.

Tal e como se indica no artigo 1, no caso dos bonos para a preparación de propostas (liña 1-IN851B), a periodicidade das convocatorias ao abeiro destas bases será anual. No rescate de selos de excelencia (liña 2-IN607H), a periodicidade das convocatorias estará vinculada á concesión de selos a entidades galegas por parte da CE.

Artigo 14. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Para solicitar estas axudas a cada unha das liñas (IN851B ou IN607H) deberán presentarse os anexos de solicitude que acompañen ás correspondes convocatorias unha vez que se publiquen no DOG e estean abertas, xunto co resto dos anexos recollidos nelas dispoñibles tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia. Os anexos serán específicos para cada unha das liñas: bonos para a preparación de propostas (liña 1-IN851B) e rescate de Selo de excelencia (liña 2-IN607H).

2. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal para cada unha das respectivas convocatorias publicadas no DOG.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

5. O detalle dos formularios de solicitude para cada liña de axuda (IN851B ou IN607H) especificarase en cada unha das convocatorias que se convoquen ao abeiro destas bases pero inicialmente nos formularios de solicitude incluiranse as seguintes declaracións responsables relativas á entidade solicitante:

A) Para ambas as liñas de axuda (IN851B e IN607H):

1º. De todas as axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2º. De que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nesta resolución.

3º. De que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

4º. De que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na dita declaración no momento en que se produza.

5º. De que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6º. De non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

7º. De que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

8º. De que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda (artigo 82 RDC).

9º. De que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

10º. De que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.

11º. Declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» (DNSH) e compromiso do/da beneficiario/a de prever e realizar as accións oportunas para asegurar que os/as subcontratistas cumpran con este principio.

12º. Do cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC: en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.

13º. De que se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.

14º. De que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

B) Para a liña 1 de bonos de innovación internacionais (IN851B):

1º. Das axudas solicitadas ou concedidas baixo o réxime de minimis nos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

2º. De que a proposta que se presentará ao programa Horizonte Europa ou a outro programa ou iniciativa europea de I+D+i, de obter financiamento, vaise desenvolver no seu domicilio social ou nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma galega.

3º. De que a entidade especializada (entidade consultora) contratada non está asociada nin vinculada coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.

4º. De que presentará a proposta para a que solicita o bono a unha convocatoria do programa Horizonte Europa ou doutro programa ou iniciativa europea de I+D+i antes do 30 de novembro do ano da convocatoria.

5º. De que os gastos de consultoría relacionados coa preparación da proposta á convocatoria europea de I+D+I non se inclúen entre os gastos financiables solicitados á Comisión Europea ou organismo internacional ao cal esta se presenta.

C) Para a liña 2 de rescate de selos de excelencia (IN607H):

1º. Que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto ou estudo para o cal solicita a axuda.

2º. De non ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

6. Deberase comunicar á Axencia Galega de Innovación calquera variación nas circunstancias recollidas nas declaracións responsables no momento en que se produzan.

7. A lingua do procedemento será o galego ou o castelán, polo que toda documentación que se achegue na tramitación destas axudas deberá presentarse nalgunha destas linguas, con excepción da documentación achegada ante a Comisión Europea ou outro organismo internacional, ou procedente destes.

Artigo 15. Documentación complementaria

1. Xunto coa solicitude, a través do formulario normalizado que se indicará como anexo nas correspondentes convocatorias e que estarán dispoñibles na sede electrónica, achegarase a seguinte documentación:

1.1. Documentación xurídico-administrativa:

A) Documentación común a ambas as liñas de axuda: bonos de innovación internacional (IN851B) e rescate de selos de excelencia (IN607H):

1º. Poder da persoa representante que presenta a solicitude verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

2º. Anexo, específico para cada unha das convocatorias que se convoquen ao abeiro destas bases, de declaración de información relativa á condición de peme, cando proceda. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para verificar a condición de pequena ou mediana empresa (peme) e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

3º. Anexo, específico para cada unha das convocatorias que se convoquen ao abeiro destas bases, de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH.

4º. Copia das tres ofertas, de ser necesarias de acordo co establecido no artigo 11 destas bases reguladoras, no caso en que a entidade que se vaia subcontratar estea xa especificada no orzamento da solicitude.

5º. Certificado relativo á situación da entidade con respecto ao IVE, só para os casos en que o seu importe non sexa recuperable total ou parcialmente, polo que poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado de exención ou rateo relativo á situación da entidade con respecto ao IVE.

B) Documentación específica para a liña 1: bonos de innovación internacional (IN851B):

1º. Nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, en que se especifiquen a data de constitución, o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE.

2º. Para acreditar o cumprimento posterior para a concesión do premio ou incentivo, deberá achegarse, en canto se reciba, o informe de avaliación (ESR Evaluation Summary Report) xunto co anexo, especifico para cada unha das convocatorias que se convoquen ao abeiro destas bases, de declaración responsable de que a proposta non obtivo financiamento por parte da Comisión Europea ou doutro organismo internacional ao cal se presentou a proposta.

Este informe de avaliación (ESR Evaluation Summary Report) deberá achegarse sempre antes do peche da convocatoria anual á cal se solicitou o bono, salvo xustificación motivada por causas non atribuíbles á entidade beneficiaria.

C) Documentación específica para a liña 2: rescate de selos de excelencia (IN607H):

1º. Contrato/s de subcontratación nos supostos en que o seu importe supere os 60.000 euros e que o dito importe exceda o 20 % da axuda concedida, segundo o indicado no artigo 11 destas bases.

2º. Acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

1. Para sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

2. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por auditor/a rexistrado/a no Rexistro Oficial de Auditores de Contas do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

1.2. Documentación técnica:

A) Documentación específica para a liña 2: rescate de selos de excelencia (IN607H):

1º. Memoria técnica do proxecto ou estudo, co contido mínimo que se indique en cada convocatoria publicada ao abeiro destas bases. Deberá describirse detalladamente a actividade solicitante no proxecto ou estudo co Selo de excelencia, xustificándose o alcance de cada unha das partidas do seu orzamento, destacando e explicando calquera cambio realizado respecto á proposta internacional.

2º. Proposta presentada á convocatoria do programa Horizonte Europa con xustificante da súa presentación incluíndo o seu orzamento.

3º. Certificado do Selo de excelencia emitido pola Comisión Europea.

4º. Informes de avaliación da Comisión Europea do proxecto ou estudo.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse a súa achega novamente á persoa interesada.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 16. Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos incluídos nestas bases (IN851B e IN607H) convocados a través das correspondentes convocatorias publicadas no DOG, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica comprobarase o NIF desta.

d) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

f) Concesións pola regra de minimis.

En cada convocatoria poderá ampliarse esta relación de considerarse necesario.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 17. Información e publicidade

A Axencia Galega de Innovación informará as entidades beneficiarias de que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións que publicará nun sitio web a Autoridade de Xestión co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

Artigo 18. Transparencia e bo goberno

1. Deberán cumprirse as obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade a que se atopen vinculadas, das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpran as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 19. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Este será o caso do informe de avaliación (ESR Evaluation Summary Report). O citado informe deberá achegarse en canto se reciba. No caso de que a proposta cumpra os requisitos para poder acceder ao premio ou incentivo, deberá acompañarse ademais dunha declaración responsable conforme a proposta non obtivo finalmente financiamento por parte da Comisión Europea ou do organismo internacional ao cal se presentou a proposta. Esta declaración estará incluída xunto co resto dos anexos dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia para a solicitude destas axudas ao abeiro das respectivas convocatorias publicadas no DOG.

Artigo 20. Información aos interesados

1. Sobre estes procedementos administrativos poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) No teléfono: 981 54 10 94 da devandita axencia.

c) No correo electrónico programas.gain@xunta.gal

d) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo:

https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, o teléfono de información xeral da Xunta de Galicia é o 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

4. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia e a resolución de concesión.

Artigo 21. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos das convocatorias que se publiquen ao abeiro destas bases efectuaranse só por medios electrónicos nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 22. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Programas da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións que se convoquen ao abeiro destas bases reguladoras. Corresponderalle á directora da Axencia Galega de Innovación ditar a resolución de concesión.

2. Segundo o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras e da convocatoria á cal se presente ou non se acompaña da documentación exixida, requirirase o interesado para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixera, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento e tamén para o seguimento e avaliación da RIS3 de Galicia 2021-2027 en que se enmarcan estas axudas.

Co fin de avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos establecidos nestas bases e nas correspondentes convocatorias, a Axencia Galega de Innovación poderá realizar unha análise do impacto das actuacións financiadas. Para iso, os solicitantes, independentemente de que reciban ou non a axuda, poderán recibir cuestionarios incluso tres (3) anos despois do peche da convocatoria á cal concorreron. Pola súa parte, os beneficiarios, tras a finalización da actuación financiada, deberán cubrir xunto coa documentación xustificativa un cuestionario sobre os resultados obtidos. Este procedemento de recompilación de información poderá repetirse incluso tres (3) anos despois da finalización da actuación subvencionada.

A información obtida tratarase de xeito agregado co fin de avaliar o impacto destas axudas e elaborar una análise estatística detallada acerca dos seus principais resultados. Estes poderán terse en conta no deseño e modificación de axudas para maximizar a eficacia e eficiencia do apoio publico.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases e nas respectivas convocatorias, na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión en que se indicarán as causas desta.

5. O feito de non se axustar aos termos das convocatorias, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 23. Audiencia

1. Instruído o procedemento nas distintas convocatorias que se publiquen ao abeiro destas bases, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 24. Resolución e notificación

1. Aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán concedidos, ata o esgotamento do crédito, respectando a súa orde entrada sen comparación con outras solicitudes. Considerarase como data de presentación aquela en que unha solicitude reúna toda a documentación requirida segundo a convocatoria á cal se presente, unha vez emendadas todas as posibles deficiencias.

2. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión de xeito individual.

3. Á vista da proposta formulada e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos ou outras alegacións e probas máis que as aducidas polos interesados, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondentes resolución definitiva de concesión ou denegación. As resolucións denegatorias ou desestimatorias incluirán as causas que as motivaron.

4. A resolución previstas nestas bases expresará, como mínimo:

a) A denominación da entidade beneficiaria e a identificación da proposta para a que se solicita a axuda.

b) O orzamento total subvencionable.

c) O importe da axuda concedida.

d) No caso dos bonos (liña-IN851B):

– O posible incentivo/premio no caso en que a proposta apoiada supere os limiares de avaliación da convocatoria europea de I+D+i á cal se presentará.

– O importe da axuda que ten carácter de minimis.

e) No caso do rescate de proxectos de I+D ou estudos con Selo de excelencia (liña 2-IN607H), indicarase ademais o período de execución e xustificación sexan axudas anuais ou plurianuais.

5. En todo caso, deberáselle notificar a cada beneficiario un documento que estableza as condicións da axuda para a operación (DECA), que deberá incluír, como mínimo, a identificación da entidade beneficiaria, a contía da subvención e as obrigas do beneficiario, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución. Dado que as convocatorias ao abeiro destas bases son susceptibles de cofinanciamento por la Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, serán notificados aos interesados os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

6. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ás distintas convocatorias que se publiquen ao abeiro destas bases será de cinco (5) meses, contados a partir da data de entrada en rexistro da solicitude. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

7. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de xeito individual. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 desa lei, a notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 25. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión e débese obter autorización previa da Axencia Galega de Innovación para realizar cambios na actuación subvencionada.

2. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, estas poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano que concede.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión aporinstancia da entidade beneficiaria se cumpre os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada polo órgano que concede.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación do beneficiario, nin dane dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Na solicitude de modificación expresaranse os motivos das modificacións que se propoñen xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificarase ao interesado.

Artigo 26. Renuncia

A renuncia á subvención outorgada ao abeiro destas bases reguladoras poderase facer axustándose ao modelo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal co resto de modelos para a solicitude das axudas en cada unha das convocatorias, e que se publicará na web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015.

Artigo 27. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indiquen nas convocatorias que se publiquen ao abeiro destas bases, as entidades beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

1.1. Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e acreditalo ante o órgano que concede, así como a cumprir os requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, nas convocatoria publicadas ao abeiro destas bases e na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

1.2. Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases e nas respectivas convocatorias anuais e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables, e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e o desfrute da subvención.

1.3. Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

1.4. Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, que regula a transparencia e o bo goberno no ámbito da Administración pública de Galicia.

1.5. Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario (artigo 82 do RDC).

1.6. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, de axudas, de ingresos ou de recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

1.7. Realizar as actuacións apoiadas na Comunidade Autónoma galega e incorporar os posibles investimentos a un centro de traballo permanente e legalmente constituído desta comunidade autónoma.

1.8. Comprometerse a evitar os impactos negativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar un prexuízo significativo» (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

1.9. O beneficiario deberá, durante a realización da operación, ao tratarse de subvencións susceptibles de ser cofinanciadas con fondos da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, segundo o previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño:

a) Na súa páxina web oficial, cando exista a dita web, e nas súas contas de redes sociais fará unha breve descrición da operación, de forma proporcionada en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados e destacará a axuda económica da Unión Europea.

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación achegará unha declaración que destaque de forma visible as axudas da Unión Europea.

c) Exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos; nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información axeitada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

As entidades beneficiarias deberán conservar, en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberase pór á disposición da Xunta de Galicia ou das institucións da Unión Europea se o solicitaren.

Respectaranse en todo caso as directrices contidas no documento sobre «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.

1.10. Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

1.11. Informar do nivel do logro dos indicadores asociados á actuación polo seu cofinanciamento pola unión Europea con fondos Feder. Estes últimos indicadores son:

– Indicadores de realización: RCO01 empresas apoiadas (empresas) e RCO02 empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).

– Indicador de resultado: RCR02 investimentos privados que acompañan ao apoio público (euros).

1.12. Facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e avaliación destas axudas no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D+i, entre outros, as enquisas do INE. Tendo en conta que a localización do proxecto ten que ser Galicia, os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán corresponder a esta localización.

No marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia poderase avaliar o impacto específico deste réxime de axudas, polo que a Axencia Galega de Innovación poderá solicitar ás entidades solicitantes e tamén ás beneficiarias información durante a execución da actuación e/ou unha vez finalizada a axuda, tal e como se recolle no artigo 22.

1.13. Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización previa para realizar modificacións no desenvolvemento dos proxectos aprobados. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable supoñerá a inadmisión das cantidades desviadas.

1.14. Na liña 1 (IN851B), achegar o informe de avaliación (ESR Evaluation Summary Report) en canto se reciba.

1.15. Na liña 1 (IN851B), respectar na proposta que finalmente se presente á convocatoria europea de I+D+i os datos vinculados á intensidade da axuda segundo a táboa II do artigo 7 anterior.

1.16. Na liña 2 (IN607H) no caso de persoal de nova contratación para o proxecto ou estudo, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento pola Unión Europea, ao acrónimo do proxecto e a esta convocatoria. Para o resto de persoal dedicado ao proxecto, o/a beneficiario/a deberá comunicarlle por escrito que parte do seu salario está a ser cofinanciado pola Unión Europea nos mesmos termos.

1.17. No caso da liña 2 (IN607H), destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens susceptibles de se inscribir nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, e estas cuestións deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro do prazo indicado, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.

1.18. Asistir a unha xornada formativa impartida pola Axencia Galega de Innovación sobre as obrigas desta axuda e outros aspectos relacionados cos obxectivos da Axencia, para o cal será convocado expresamente con antelación. Á dita xornada deberá acudir, como mínimo, unha persoa pertencente ao cadro de persoal do beneficiario, vinculada ás tarefas de innovación.

1.19. Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda ao abeiro das convocatorias anuais que se publiquen.

Artigo 28. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal) para cada unha das respectivas convocatorias publicadas no DOG.

2. Prazos de execución e de xustificación:

2.1. No caso dos bonos para a preparación de propostas (liña 1-IN851B):

a) A proposta debe presentarse a unha convocatoria europea de I+D+I antes do 30 de novembro do ano da convocatoria.

Tal e como se recolle no artigo 15, o informe de avaliación (ESR Evaluation Summary Report) deberá achegarse en canto se reciba, e sempre antes do peche da convocatoria anual á cal se solicitou o bono, salvo xustificación motivada por causas non atribuíbles á entidade beneficiaria.

b) A data da factura da entidade especializada (entidade consultora) que preparou a proposta deberá ser coherente coas datas da súa preparación indicadas na solicitude. É imprescindible que o pagamento desta factura se realice antes do 15 de decembro do ano da convocatoria en cuestión. No caso de cumprimento dos requisitos para optar ao premio ou incentivo será necesario que este pagamento estea xa realizado para poder recibilo.

c) A presentación da documentación xustificativa dos gastos poderá facerse a medida que se vaia completando a actuación para poder proceder ao seu pagamento e, en todo caso, sempre antes do 15 de decembro do ano da convocatoria en cuestión. No caso de cumprimento dos requisitos para optar ao premio ou incentivo será necesario que a xustificación da primeira parte do bono vinculada á preparación da proposta estea xa presentada.

2.2. No caso da liña 2 de rescate de proxectos de I+D e estudos de viabilidade con Selo de excelencia (IN607H):

A) Prazos de execución:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

A.1) Axudas dunha única anualidade:

Só se admitirán gastos realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución de cada axuda e sempre antes do 30 de novembro do ano da convocatoria á cal se presenten.

A.2) Axudas plurianuais:

1) Primeira anualidade: admitiranse gastos realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución de cada axuda e sempre antes do 30 de novembro da convocatoria á cal se presenten.

2) Anualidade intermedia: admitiranse gastos realizados e pagados desde o 1 de decembro do exercicio da convocatoria á cal se presentaron ata o 30 de novembro do exercicio seguinte, sempre respectando o prazo de execución incluído na resolución.

Segundo a duración do estudo o proxecto con Selo de excelencia que se rescate, o número de anualidades intermedias axustarase na resolución da axuda. As datas indicadas manteríanse pero axustaríanse os anos de xeito coherente co número de anualidades da axuda.

3) Anualidade final: gastos realizados e pagados desde o 1 de decembro do exercicio anterior á finalización do proxecto e a data de finalización deste indicada na resolución, que nunca pode superar o 30 de novembro desta anualidade final.

B) Prazos de presentación da documentación xustificativa.

Períodos para a entregar a documentación xustificativa.

B.1. Axudas dunha única anualidade:

Antes do 15 de decembro do ano da convocatoria á cal se presentaron.

B.2. No caso de axudas plurianuais:

a) Primeira anualidade: antes do 15 de decembro do ano da convocatoria á cal se presentaron.

b) Anualidades intermedias: sempre antes do 15 de decembro de cada exercicio intermedio.

c) Anualidade final: ata o máximo dun mes dende a data de finalización da súa execución e sempre antes do 15 de decembro desa anualidade.

Artigo 29. Documentación xustificativa

1. As instrucións detalladas e os formularios para a presentación da documentación xustificativa para cada liña de axuda ao abeiro destas bases (IN851B ou IN607H) estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal) para cada unha das respectivas convocatorias publicadas no DOG. A documentación presentarase de xeito ordenado seguindo a orde establecida nas instrucións e nun formato que permita editar e tratar o texto.

Sen prexuízo de que en cada convocatoria se adapte ou modifique o detalle desta documentación, xurídico-administrativa e técnica, inicialmente as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación xustificativa:

1.1. Documentación xustificativa xurídico-administrativa:

A) En ambas liñas de axuda (IN851B e IN607H):

Deberá presentarse un resumo global de execución así como o resto de documentación que se sinala a seguir:

1. Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

Deberá utilizarse o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal para cada unha das respectivas convocatorias publicadas no DOG. Se for o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desas outras axudas.

2. Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, conforme as entidades beneficiarias están ao día nas súas obrigas tributarias, no caso de que se opoñan á súa consulta por parte do órgano xestor.

3. Un resumo da execución da actuación, no cal se indique o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído excepto nos casos en que sexa subvencionable) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por partida e por concepto de gasto.

4. Se for o caso, indicación por concepto subvencionable das cantidades inicialmente orzadas e as súas desviacións de forma xustificada, seguindo o modelo do informe técnico dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

5. Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos, consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas ou documentos contables xustificativos do gasto deberán incluír, alén de todos os requisitos exixidos pola normativa de facturación, unha descrición suficiente dos conceptos facturados que permita unha análise de coherencia coa actuación apoiada e a documentación técnica.

6. Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e o importe total da factura satisfeito. De non estar acreditado o pagamento íntegro mediante estes documentos, o gasto non será subvencionable.

En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento. Non se aceptarán documentos de pagamento que non permitan identificar claramente as facturas vinculadas coa actuación apoiada.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, acompañarase dunha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. En caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas á actuación apoiada, será necesario presentar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da entidade selada polo banco coa relación detallada das facturas.

No suposto de pagamentos realizados mediante confirming ou cesión de pagamentos a provedores, a entidade beneficiaria deberá presentar o xustificante de pagamento á entidade financeira mediante cargo na súa conta bancaria e o xustificante de pagamento da entidade financeira ao provedor. Ambos xustificantes deberán estar efectivamente pagados dentro do período de execución de cada axuda ou, en todo caso, dentro do prazo de xustificación da anualidade afectada.

A data das facturas dos gastos xustificados debe atoparse sempre dentro dos períodos establecidos no artigo 28 ou nos que indiquen nas correspondentes convocatorias que se publiquen ao abeiro destas bases.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados de acordo co establecido nos parágrafos anteriores.

Respecto á documentación xustificativa do investimento e do seu pagamento, cando non sexa posible a presentación de copia auténtica electrónica poderase presentar unha copia en formato pdf dos documentos indicados realizada polo beneficiario acompañada dunha declaración responsable da autenticidade deses documentos achegados, así como o compromiso de presentar os orixinais cando a Axencia Galega de Innovación llos requira.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados por caixa ou en efectivo.

7. Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 12 destas bases reguladoras, no caso de non as ter achegado coa solicitude de axuda.

8. No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade con respecto ao IVE.

9. Cuestionario específico para cada liña (IN851B ou IN607H) sobre os resultados obtidos (artigo 22.3 destas bases) co fin de avaliar o impacto destas axudas e elaborar una análise estatística detallada acerca dos seus principais resultados. Utilizaranse os modelos dispoñibles na web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, para cada unha das respectivas convocatorias publicadas no DOG.

B) Específica para os bonos (liña 1-IN851B):

1. Declaración do conxunto de axudas recibidas pola entidade en concepto de minimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

Deberá utilizarse o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal para cada unha das respectivas convocatorias publicadas no DOG. Se for o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desas outras axudas.

Esta declaración xunto coa documentación recollida no anterior artigo 15 número 1.1.A), puntos 1 e 2, solicitarase novamente no caso en que a proposta cumpra os requisitos para obter o premio ou incentivo de xeito previo ao seu pagamento.

C) Específica para o rescate de Selos de excelencia (liña 2-IN607H):

1. Para a xustificación do custo de persoal destinado ao proxecto, deberá dispoñerse de:

a) Certificación emitida polo responsable de persoal, co visto e prace da xerencia ou dirección da entidade, que consistirá nunha relación detallada por traballador/a do persoal dedicado á actuación, que deberá incluír os seguintes datos: DNI/NIE, nome, apelidos, posto na entidade, salarios fixados nun contrato de traballo, nun acordo laboral ou na lei (agás os custos de viaxes e indemnizacións ou axudas de custo), data de pagamento das nóminas, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado, titulación e dedicación ao proxecto. Declaración da dedicación do persoal á actuación, na cal deben figurar as actividades en que participa mensualmente o/a traballador/a coa súa sinatura e a sinatura do/da xefe/a técnico/a do proxecto, conforme o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

b) Xustificación da comunicación por escrito ao persoal traballador de que parte do seu salario está cofinanciado pola Unión Europea.

c) Informe de vida laboral referido á data de finalización do prazo de execución e que comprenda toda a anualidade. No caso de persoal autónomo, certificado de vida laboral referido á data de finalización do prazo de execución. Para o persoal de nova contratación, deberá achegarse a copia do contrato cos requisitos exixidos nesta convocatoria, xunto coa certificación da súa titulación académica e o curriculum vitae.

d) Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades da actuación financiada e copia auténtica dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores e as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a orde de transferencia en que se detallen os traballadores incluídos.

e) Modelos 111 de retencións e ingresos de IRPF e os seus xustificantes bancarios de pagamento.

f) Relación nominal de traballadores (RNT) e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os xustificantes bancarios de pagamento.

No caso de traballadores autónomos socios da empresa, deberase achegar o certificado de retencións ou ingresos á conta do IRPF, as nóminas e, se for o caso, as correspondentes facturas e documentos de pagamento. Unicamente será subvencionable o custo de Seguridade Social deste persoal cando se acredite que o importe é aboado pola empresa.

g) Informe de datos para a cotización-traballadores por conta allea da Seguridade Social (IDC) relativo ao período de execución da actuación financiada.

h) Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo ás axudas desta convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación ao proxecto, a porcentaxe do 100 %, utilizando o modelo que estará dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal

2. Declaración asinada polo/a representante legal, na cal se detalle o cadro de amortización de cada equipamento incluído no orzamento financiado, calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como un informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, esta documentación deberá ir acompañada dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e do pagamento da compra. A Axencia Galega de Innovación poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.

3. No caso de leasing, será necesario presentar o contrato, as facturas e os documentos de pagamento das cotas correspondentes ao período de execución do proxecto.

4. En caso de subcontratacións, deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Factura emitida pola entidade subcontratada ao/á beneficiario/a, en que se especifique claramente o título ou referencia da actuación financiada. No caso de que sexan varias facturas, todas elas deberán especificar este título.

b) Xustificante bancario de pagamento da factura da subcontratación.

c) Memoria técnica realizada polo/a subcontratista, datada e asinada, en que se describan os servizos e as actividades realizadas no proxecto, coa desagregación dos custos e os medios persoais e materiais empregados na súa realización.

d) A documentación que deberán achegar os/as subcontratistas segundo o indicado no artigo 11 destas bases reguladoras.

1.2. Documentación xustificativa técnica:

A) En ambas as liñas de axuda (IN851B e IN607H):

1. Informe técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación. Este informe incluirá unha epígrafe relativa ás actividades do plan de comunicación e difusión da actuación.

2. Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade, conforme o Regulamento (UE) nº 2021/1060.

3. No momento da finalización da actuación, xunto coa documentación xustificativa final, deberá cubrirse a epígrafe relativa aos indicadores de realización e resultado da actuación no informe técnico dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

B) Específica para a liña 1 (IN851B):

1. Xustificante da presentación da proposta á convocatoria europea de I+D+i á cal se concorreu. Coa documentación que se achegue deberá poder comprobarse a composición final do consorcio e o orzamento solicitado.

2. Informe de avaliación do organismo internacional ao cal se presentou a proposta (ESR-Evaluation Summary Report) no caso en que xa se dispoña del e non se teña achegado antes. Este informe deberá remitirse en canto se reciba.

C) Específica para a liña 2 (IN607H):

1. Memoria técnica de execución que describa o progreso do proxecto e o grao de consecución dos seus obxectivos. Incluirá a xustificación do cumprimento das normas de publicidade do artigo 27 destas bases.

2. Sen prexuízo da documentación anteriormente indicada, poderá requirirse a entidade beneficiaria que anexe cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, os beneficiarios non presentan a documentación xustificativa segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requiriraos para que a presenten no prazo improrrogable de dez días, advertíndoos de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Artigo 30. Pagamento

A) No caso dos bonos (liña 1-IN851B).

1. Os pagamentos ao abeiro de cada convocatoria anual faranse efectivos unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da actuación.

2. No caso de propostas que superasen os limiares de avaliación da convocatoria europea de I+D+i á cal se presentaron, poderá realizarse un segundo pagamento cando a entidade beneficiaria achegue a documentación que xustifica a concesión deste premio ou incentivo á calidade da proposta (artigo 29). No caso en que este informe non poida presentarse antes do peche da convocatoria anual correspondente porque non se teña recibido aínda, esta axuda considerarase plurianual.

3. Antes deste segundo pagamento en concepto de premio ou incentivo vinculado ao resultado da proposta apoiada, a Axencia Galega de Innovación comprobará a xustificación inicial do bono vinculada á preparación da proposta co apoio da entidade consultora. Se esta non fose axeitada, a entidade beneficiaria non poderá optar ao incentivo ou premio. Isto tamén será así cando o informe de avaliación se achegue, sen xustificación, despois do peche da convocatoria por causas atribuíbles á entidade beneficiaria ou fóra do prazo máximo de nove (9) meses desde a presentación da proposta á convocatoria europea.

Ademais desta comprobación, a Axencia revisará a documentación xustificativa específica vinculada a el que se recolle no artigo 29 e volverá solicitar, de ser necesario:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración do conxunto de axudas recibidas pola entidade en concepto de minimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

Ambas as declaracións segundo os modelos xa utilizados e dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal para cada unha das respectivas convocatorias publicadas no DOG.

Se for o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desas outras axudas.

c) Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, conforme as entidades beneficiarias están ao día nas súas obrigas tributarias, no caso de que se opoñan á súa consulta por parte do órgano xestor.

B) No caso do rescate de estudos e proxectos con Selo de excelencia (liña 2-IN607H).

1. As convocatorias que se publiquen ao abeiro destas bases recollerán a posibilidade de realizar pagamentos anticipados e á conta das subvencións que convoquen. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e logo da autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán acadar ata o 90 % da axuda concedida, sen superar o importe correspondente a cada anualidade orzamentaria.

Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías de acordo co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, conforme a autorización do Consello da Xunta de Galicia.

2. Pagamentos anticipados.

As entidades beneficiarias poderán solicitar o pagamento anticipado segundo as seguintes porcentaxes:

– Primeira anualidade: ata o 100 % da subvención concedida desta anualidade.

– Anualidades sucesivas: ata o 50 % da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80 % da subvención total concedida.

No caso de que a xustificación dunha anualidade sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe da seguinte anualidade.

A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A entidade solicitante deberá facer constar se opta por esta modalidade de pagamento na solicitude da subvención.

3. Pagamentos á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto sen necesidade de entregar ningún tipo de garantías.

4. Antes do pagamento final da subvención, a Axencia Galega de Innovación comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención. É obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación a cada un dos beneficiarios.

Tras a inspección efectuarase unha avaliación do proxecto presentado e valorado na solicitude, e emitirase un informe en que se indique o grao de cumprimento coa seguinte cualificación:

a) Excelente.

b) Positivo.

c) Negativo, se non se acadan as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto inicial por un baixo desempeño ou por unha deficiente organización. Neste caso, deberá cuantificarse a porcentaxe de incumprimento.

5. A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar un novo informe que acredite que se respecta o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852, co fin de verificar que se respectou este principio durante a execución da actividade financiada.

Artigo 31. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento do beneficiario de estar ao día nas obrigas coa Facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro, se non se tivese aboado a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 32. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da dita axuda. De non ser así, perderá o dereito ao cobramento e/ou, se for o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o procedemento de reintegro previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos polo beneficiario que serviron de base para a concesión da axuda ou ocultación dos datos que a impediron.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo para a cal se concedeu a axuda.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, a xustificación insuficiente ou fóra do prazo establecido, a falsidade, a terxiversación ou a ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas nesta resolución.

e) A resistencia, a escusa, a obstrución ou a negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Cando proceda, o incumprimento dos prazos de mantemento do investimento.

g) O incumprimento de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 de Regulamento (UE) 2020/852 dará lugar ao reintegro total da axuda.

h) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

i) Non acreditar o cumprimento da normativa en materia de prazos a provedores, para subvencións por importe superior a 30.000 €.

j) Non facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou outros instrumentos relacionados coa medición da innovación nos termos e condicións establecidos no artigo 22.3 destas bases.

k) No caso dos bonos (liña 1-IN851B), non achegar o informe de avaliación obtido pola proposta na convocatoria europea de i+D+i á cal concorreu (ESR-Evaluation Summary Report) antes do peche da convocatoria á cal se solicitou o bono a pesar de terse recibido antes, ou no prazo máximo de nove (9) meses tras a presentación da proposta europea, salvo xustificación motivada.

Artigo 33. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento dos obxectivos da axuda ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda ao abeiro de cada unha das convocatorias periódicas, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación, será causa de reintegro total ou, se é o caso, perda total do dereito ao cobramento da subvención nos seguintes supostos:

a) Se se incumprisen as tarefas, os compromisos, os obxectivos ou as condicións da actuación, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e suporá a minoración da subvención segundo a porcentaxe de incumprimento sinalado no informe técnico. Se esta porcentaxe é superior ao 60 %, considerarase como incumprimento total e dará lugar ao reintegro da totalidade da axuda.

b) O incumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

c) A oposición á realización das actuacións de control das institucións da Unión en virtude do establecido no artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) nº 2021/241, ou ás actuacións das institucións ou organismos con competencias de control no ámbito estatal ou autonómico, poderá constituír causa de reintegro da axuda, sen prexuízo da tramitación do correspondente procedemento sancionador.

d) O incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axudas para os mesmos custos procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

e) No caso dos bonos (liña 1-IN851B), o incumprimento da obriga de presentar a proposta para a que se solicita o apoio a unha convocatoria europea de I+D+i antes do 30 de novembro do ano da convocatoria anual correspondente.

f) No caso dos bonos (liña 1-IN851B), non achegar o informe de avaliación obtido pola proposta (ESR-Evaluation Summary Report) antes do prazo máximo de 9 meses tras a presentación da proposta á convocatoria europea de I+D+i á cal concorreu, sen poder xustificarse de xeito motivado o incumprimento deste prazo por causas non atribuíbles á entidade beneficiaria.

2. O incumprimento parcial dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes.

Tratándose de condicións referentes á contía da actuación apoiada, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao investimento deixado de xustificar ou xustificado indebidamente, minorándose a subvención proporcionalmente.

Por afectar as condicións que se tiveron en conta no momento de conceder a subvención, nos seguintes casos de incumprimento reducirase o importe da axuda concedida do seguinte xeito:

O incumprimento da obriga de dar publicidade ao financiamento da actuación consonte o establecido nesta resolución, e se non se adoptaron medidas correctoras, suporá a perda do 3 % da subvención concedida.

No caso de axudas plurianuais, a aplicación destas penalizacións realizarase na última anualidade e o importe minorado detraerase desta. No caso de que o importe aprobado para a última anualidade resulte insuficiente para cubrir esta diferenza, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación dun expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

3. Excepcionalmente, se o incumprimento deriva de causas de forza maior, causas non imputables ao/á beneficiario/a ou non previsibles ao longo do desenvolvemento da actuación, a Axencia Galega de Innovación poderá revisar a aplicación das penalizacións en función do grao e da entidade da condición incumprida e sempre que se cumprisen as actividades e obxectivos do proxecto e se acade un informe final positivo.

4. O incumprimento da obriga de presentar tres ofertas segundo o disposto no artigo 17 desta convocatoria, sen que concorran as circunstancias eximentes previstas no artigo 29.3 da Lei 9/2007, dará lugar á minoración do 10 % do custo subvencionable do devandito concepto de gasto.

5. No caso da liña 1 (IN851B) non respectar na proposta finalmente presentada á convocatoria europea de I+D+i os seus datos vinculados á intensidade da axuda (táboa II do artigo 7), dará lugar á minoración da diferenza entre a porcentaxe do custo subvencionable concedido e a de aplicación atendendo ás características finais da proposta presentada.

6. Se o incumprimento deriva da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

Artigo 34. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada unha parte ou a totalidade da axuda, acaecen os motivos que se indican no artigo 32 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro que se tramitará conforme o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase, de oficio, por acordo do órgano concedente destas e comunicarase ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007 e no artigo 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución de procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 35. Prescrición

1. O dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro (4) anos, sen prexuízo do establecido na normativa de axudas de Estado.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no número 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No caso de que se establecesen condicións ou obrigas que deban ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o dito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia ante o ministerio fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario no curso dos ditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna do beneficiario conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 36. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 €, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante a acta de conformidade asinada tanto polo/a representante da Administración como polo/a beneficiario/a. A comprobación material definida no parágrafo anterior poderáselle encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

3. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar en calquera momento as visitas aos beneficiarios, as comprobacións e as solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento da actuación, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade da orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos, proporase o reintegro da subvención concedida. A Axencia Galega de Innovación, no marco dos seus plans de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

4. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar a entidade beneficiaria, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

5. Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC e ás auditorías do organismo de auditoría do programa ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos. Para o exercicio destas actuacións, os beneficiarios deberán achegar canta información lles sexa requirida. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario (artigo 82 do RDC).

Artigo 37. Publicación

No prazo máximo de tres (3) meses, contados desde a data de peche da convocatoria respectiva, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, do beneficiario, do crédito orzamentario, da contía e da finalidade da subvención.

Artigo 38. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada ao efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 39. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro das convocatorias anuais publicadas ao abeiro destas bases, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución perante a presidenta da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte en que se produzan os efectos do silencio administrativo, perante a directora da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 40. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

b) Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

c) Regulamento (UE) nº 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola, modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019.

d) Regulamento (UE) nº 2023/2391 da Comisión, do 4 de outubro de 2023, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 717/2014, (UE) nº 1407/2013, (UE) nº 1408/2013 e (UE) nº 360/2012, no que incumbe ás axudas de minimis para a transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura, e o Regulamento (UE) nº 717/2014, no que respecta ao importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa, o seu período de aplicación e outros asuntos.

e) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

f) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados.

g) Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.

h) Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C 414/01).

i) Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.

j) Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social e demais normativa en materia que sexa de aplicación.

Supletoriamente, seralles de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a directora da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2024

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Definicións

1. Programa marco de investigación e innovación europeo (Programa marco): programa da Unión Europea que concentra o financiamento de gran parte de iniciativas e proxectos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico, demostración e innovación de claro valor engadido europeo que se vai desenvolvendo de xeito consecutivo durante períodos temporais. O actual programa marco para o período 2021-2027 é o noveno e recibe o nome de Horizonte Europa.

2. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

3. Única empresa: segundo o artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, inclúe todas as sociedades que teñan polo menos uns dos seguintes vínculos entre si:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios doutra empresa.

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revocar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control doutra sociedade.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato celebrado con ela ou unha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas. As empresas que manteñan calquera das relacións previstas nas letras a) a d) do parágrafo primeiro a través doutra ou outras empresas tamén se considerarán unha única empresa.

4. Pequena e mediana empresa (peme): segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considérase pequena empresa a que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

5. Organismo de investigación e difusión de coñecementos ou organismo de investigación: toda entidade (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación), independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou a súa forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental ou difundir amplamente os seus resultados mediante a ensinanza, a publicación ou a transferencia de tecnoloxía. Cando a dita entidade desenvolva tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos respectivos deberán consignarse por separado. As empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades en calidade, por exemplo, de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados da investigación que xeren as entidades.

6. Empresa en crise: segundo o Regulamento (UE) nº 651/2014 (artigo 2 punto 18) unha empresa en que concorran polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Se se trata dunha sociedade de responsabilidade limitada (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade), cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas; é o que acontece cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se soen considerar fondos propios da sociedade) conduce a un resultado negativo superior á metade do capital social subscrito. Por «sociedade de responsabilidade limitada» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo I da Directiva 2013/34/UE do Parlamento Europeo e do Consello e por «capital social» inclúese, cando proceda, toda prima de emisión.

b) Se se trata dunha sociedade en que polo menos algúns dos seus socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade (distinta dunha peme con menos de tres años de antigüidade) cando teña desaparecido por perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade. Por «sociedade en que polo menos algúns dos seus socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo II da Directiva 2013/34/UE.

c) Cando a empresa se atope nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos no seu dereito nacional para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non reembolsase o préstamo ou posto fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita a un plan de reestruturación.

e) Se se trata dunha empresa distinta dunha peme, cando durante os dous exercicios anteriores:

1º. O cociente débeda/capital da empresa fose superior a 7,5.

2º. O cociente de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, se situase por baixo de 1,0.

7. Selo de excelencia: a certificación de calidade outorgada pola Comisión Europea respecto a unha proposta que acredita que esta, que foi avaliada nunha convocatoria no marco dun instrumento da Unión, cumpre os requisitos mínimos de calidade fixados no dito instrumento pero non puido obter financiamento debido á falta de orzamento dispoñible para a dita convocatoria, e pode recibir apoio doutras fontes de financiamento da Unión ou nacionais.

8. Reto da RIS3: cada un dos tres grandes retos estratéxicos de natureza económica e social da sociedade galega identificados a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, que a RIS3 aborda a través da I+D+i, co obxectivo de conseguir un impacto transformador sobre a economía e a sociedade galega. Os retos son:

– Reto 1: modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación.

Modernización dos sectores primarios galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e o rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades agrarias, enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

– Reto 2: un modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento. Incrementar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia a través das tecnoloxías facilitadoras esenciais e a evolución das cadeas de valor.

– Reto 3: un modelo de vida saudable e de envellecemento activo da poboación. Posicionar a Galicia como a rexión líder do sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable e de envellecemento activo.

9. Prioridade da RIS3: cada unha das tres grandes temáticas transversais identificadas a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice cara ás que a RIS3 orienta as capacidades e esforzos do ecosistema galego de innovación para responder aos tres grandes retos estratéxicos. As prioridades, polo seu carácter horizontal, teñen incidencia en todas as cadeas de valor e favorecen a colaboración entre sectores e as diferentes áreas de coñecemento e tecnolóxicas, constituíndo unha oportunidade de desenvolver novas cadeas de valor e novos mercados. Así mesmo, están plenamente aliñadas coas prioridades da Unión Europea e o Estado español. As prioridades son:

– Prioridade 1: desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando, ademais, oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables competitivos internacionalmente e mellorando o benestar das persoas.

– Prioridade 2: apoio á dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego, a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, así como a xestión de recursos naturais e culturais, como panca para a transformación resiliente de Galicia.

– Prioridade 3: orientación dos esforzos en I+D+i cara ás necesidades e o benestar das persoas e consolidación de Galicia como un contorno de referencia mundial para o desenvolvemento e testaxe de novas oportunidades e solucións científico-tecnolóxicas e empresariais dirixidos a elas.

10. Ámbito de priorización da RIS3: para precisar de forma máis detallada como cada prioridade aborda os tres retos, a RIS3 selecciona 29 temáticas máis delimitadas, denominadas ámbitos de priorización, que concretan e detallan o perfil de especialización para Galicia e en que se focalizan os investimentos e esforzos da estratexia.

Estes ámbitos de priorización caracterízanse pola súa transversalidade sectorial, abrindo oportunidades a diferentes cadeas de valor, así como novas formas de colaboración entre elas, no nivel tanto de mercados como de tecnoloxías ou procesos. Os ámbitos de priorización definíronse cos axentes da cuádrupla hélice durante o proceso de descubrimento emprendedor na fase de elaboración da RIS3.