DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á modificación de características da concesión dun caudal de auga no concello de Foz (expediente DH.A27.62840).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante Resolución da dirección de Augas de Galicia do 13 de novembro de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse ao Concello de Foz a modificación de características da concesión dun caudal de auga que lle outorgara na Resolución do 14 de marzo de 1975 a Comisaría de Augas do Norte de España, para aproveitar 2.465.675,92 m3 anuais de auga que procede do río Ouro, no lugar de Fontao, parroquia de Santa Cilla do Valadouro, no concello de Foz (Lugo), con destino a abastecemento de poboación, gandeiro e industrial.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións