DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vila de Cruces (expediente DH.A36.67857).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Augas de Cortegada.

Expediente: DH.A36.67857.

Volume total anual: 2.359,35 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,10 l/s.

Destino: doméstico e gandeiro.

Orixe: X= 568795, Y= 4743317 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Cortegada.

Parroquia: Loño (San Mamede).

Concello: Vila de Cruces.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas subterráneas, na parcela 36059A008003400000MH, mediante a execución de tres perforacións horizontais de 2 m de largo cada unha, con saída a unha arqueta de rexistro de 1,30 × 2,00 m e profundidade de 1,50 m, escavada no solo de rocha. Sobre esta arqueta construíuse unha caseta de 1,50 × 2,00 × 2,30 m da que sae un tubo de PE de 50 mm de diámetro. Este tubo atravesa a parcela uns 48 m ata chegar a un camiño e transcorre soterrado pola cuneta a unha profundidade mínima de 80 cm, uns 180 m ata chegar á caseta dos depósitos localizada entre as parcelas 36059A008002630000MR e 36059A008002600000MM, e que alberga 6 depósitos de fibra de vidro de 2000 litros cada un. Á entrada do repartidor instalarase o contador homologado.

De cada depósito individual sae un tubo de 25 mm de diámetro cara ás 6 vivendas que se abastecen e 3 explotacións gandeiras, que discorre por camiño público ata a entrada aos puntos que se van abastecer.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro