DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Caldas de Reis (expediente DH.A36.78713).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 30 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios Outeiro Cabado unha concesión de 4.658,00 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no monte Xiabre, parroquia de Saiar (Santo Estevo), no concello de Caldas de Reis (Pontevedra), con destino a abastecemento.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións