DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Castro Caldelas (expediente IN407A 2022/16-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento dos predios afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de interruptor TC no apoio número 84-TC da LMTA TRI803, na Casa do Concello de Castro Caldelas, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará o importe do prezo xusto mediante transferencia.

Ourense, 25 de xaneiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/16-3.

Proxecto: instalación de interruptor TC no apoio número 84-TC da LMTA TRI803.

Concello: Castro Caldelas.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar
da convocatoria

Data

Hora

1

Granxa

32024A031000220000BF

Herdeiros de José Rodríguez Rodríguez

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Castro Caldelas

11.3.2024

11.30