DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada nos concellos de Cenlle e San Amaro (expediente IN407A 2021/144-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento dos predios afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA ALB804-apoio núm. 36-53, nas casas dos concellos de Cenlle e San Amaro, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará o importe do prezo xusto mediante transferencia.

Ourense, 25 de xaneiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/144-3.

Instalación: regulamentación LMTA ALB804-apoio núm. 36-53.

Concellos: Cenlle e San Amaro.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar
da convocatoria

Data

Hora

1

Lameiro

32075AO92003650000EU

María Fernández Vázquez

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de San Amaro

19.3.2024

11.00

3

Rodal

32026A008040000000TW

Manuel Fernández Seoane

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Cenlle

19.2.2024

11.45