DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2024 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 273/2023, no expediente de reposición da legalidade OUR/2/2023.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co procedemento ordinario número 273/2023, interposto pola persoa con DNI 34961746K, en relación coa denuncia presentada polas obras executadas no terreo do campo de fútbol de Espiñedo, no concello do Carballiño (expediente OUR/2/2023), esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifíca por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Enrique Manuel Tesouro Fernández, os herdeiros de Manuel Martínez Novoa, Carmen González Trigás, Secundino Rodríguez Calvo e a Jacinto Donascimento para que poidan presentarse como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística