DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11107

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de pediatra de atención primaria, relativo á baremación definitiva dos méritos do concurso, á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as e pola que se convoca para o acto telemático de elección de destino.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de pediatra de atención primaria, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días hábiles, contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal relativo ás puntuacións definitivas de méritos do concurso obtidas polas persoas aspirantes no proceso selectivo para o ingreso na categoría de pediatra de atención primaria.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada na quenda de acceso libre (única na cal concorren aspirantes), de conformidade co número de prazas convocadas.

Terceiro. Co obxectivo de acadar a máxima axilidade na incorporación dos/as profesionais desta categoría, e en previsión de que algunha persoa aspirante relacionada no anexo I non presente a documentación prevista na base terceira desta resolución, non acredite cumprir os requisitos exixidos, ou non realice a elección de destino, de conformidade coa base novena da resolución de convocatoria, todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría de pediatra de atención primaria.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

De acordo coa base novena da Resolución do 11 de maio de 2023, os/as aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. A relación de prazas que se ofertan aos/ás participantes no proceso, con prestación de servizos en centro/s de saúde e punto/s de atención continuada de referencia, figuran como anexo I da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio) pola que se convoca o proceso selectivo.

Quinto. Abrir un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación para que todos/das os/as aspirantes que participan no proceso seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.

Os/as aspirantes seleccionados/as deberán elixir un número de destinos igual ao do posto que ocupan como seleccionado pola orde de prelación que consideren. Sen prexuízo do exposto, se solicitan menos destinos que o posto que ocupan e non resultan adxudicatarios de praza, non poderán ser nomeado/a persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións no proceso.

Os/as participantes no proceso selectivo que non teñan a condición de seleccionados/as poderán solicitar todos os destinos ofertados pola orde de prelación que consideren ou aqueles que fosen do seu interese. No suposto de quedaren prazas sen adxudicar entre os/as aspirantes seleccionados/as que figuran no anexo I desta resolución, o nomeamento realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva entre aqueles/as aspirantes que achegasen a documentación indicada no punto terceiro desta resolución e elixisen os destinos non adxudicados.

Os/as participantes no proceso selectivo que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún daqueles polos que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta Dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

Sexto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Sétimo. De maneira paralela ao presente proceso selectivo, estase a desenvolver o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio). Entre as especialidades convocadas inclúese a de pediatría e as súas áreas específicas. Existindo aspirantes que resultan seleccionados neste proceso de pediatra de atención primaria e no proceso de selección de facultativo/a especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas, unha vez que se realice o procedemento interno de adxudicación de praza e con anterioridade ao nomeamento, o órgano convocante comunicará a estes aspirantes os destinos que se lles adxudicarían en cada unha das categorías (no caso de que seleccionasen destino en ambas as categorías), para os efectos de que manifesten a súa opción por unha delas, dada a imposibilidade de acceder a dúas categorías distintas nos procesos selectivos derivados da Lei 2/2022, ao establecerse a incorporación efectiva como requisito para poder adquirir a condición de persoal estatutario fixo.

Oitavo. A non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

A Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo, ditouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde, polo que con base no que establecen o artigo 20.3 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, así como o artigo 2 da Lei 2/2022, do 6 de outubro, imponse o máximo rigor na exixencia da incorporación efectiva ao servizo como requisito para adquirir a condición de persoal estatutario fixo e prevese expresamente no dito artigo que o persoal seleccionado nos concursos que se executen en aplicación da Lei 2/2022, deberá incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo, no destino adxudicado, para adquirir a condición de persoal estatutario fixo.

Tras adquirir esa condición de persoal estatutario fixo, poderá participar nos concursos de traslados da súa categoría, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría e/ou especialidade, cando cumpra os requisitos comúns e acredite dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino no concurso. En consecuencia, deberán ser excluídos de calquera proceso no que estean participando no momento en que se incorporen ao servizo activo como pediatra de atención primaria.

Noveno. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela,1 de febreiro de 2024

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Aspirantes seleccionados/as

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración
galego

Formación

Experiencia

Outras
actividades

Puntuación
total

1

***0007**

Collazo Álvarez, Alba María

Libre

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

2

***1228**

Ojea Jorge, Vanesa

Libre

5,000

12,120

19,100

4,000

40,220

3

***9132**

Reis Iglesias, Leticia

Libre

5,000

13,110

18,989

2,200

39,299

4

***7371**

Capelo Míguez, Juan Manuel

Libre

5,000

13,600

17,000

3,400

39,000

5

***4307**

Lemos Bouzas, María Xesús

Libre

5,000

14,000

18,950

0,650

38,600

6

***7256**

Fariña Nogueira, Sabela

Libre

5,000

14,000

14,950

4,000

37,950

7

***4781**

Durán Fernández Feijoo, Begoña

Libre

5,000

13,650

14,168

4,000

36,818

8

***8287**

Vázquez Canal, Raquel

Libre

5,000

12,670

16,000

2,800

36,470

9

***8157**

De Lamas Pérez, Carmela

Libre

5,000

13,140

14,000

4,000

36,140

10

***7120**

Gómez Costas, Ezequiel Josnie

Libre

5,000

12,180

17,600

0,500

35,280

11

***7228**

Camino Barreiro, Iria

Libre

5,000

13,130

13,550

3,300

34,980

12

***5328**

Varela Rey, Verónica

Libre

5,000

13,680

12,200

4,000

34,880

13

***5786**

Vilas Vázquez, Concepción Olga

Libre

5,000

12,060

16,330

1,300

34,690

14

***7381**

Pereiro Fernández, Sara

Libre

5,000

13,620

14,550

1,450

34,620

15

***9355**

Gil González, Clara Eugenia

Libre

5,000

13,620

13,021

2,500

34,141

16

***0447**

Seoane Rodríguez, Marta

Libre

5,000

12,610

12,450

4,000

34,060

17

***1330**

Alvariño Castro, Alberto

Libre

5,000

14,000

11,650

3,300

33,950

18

***8854**

Rivero Calle, Irene

Libre

1,875

14,000

14,000

4,000

33,875

19

***6125**

Mandia Rodríguez, Natalia

Libre

5,000

14,000

10,800

4,000

33,800

20

***4667**

Feáns Ares, Nuria María

Libre

5,000

12,150

13,800

2,800

33,750

21

***7316**

Otero Domínguez, Elvira

Libre

4,375

13,550

11,800

4,000

33,725

22

***8000**

Carnicero Iglesias, Ana

Libre

5,000

12,560

12,000

4,000

33,560

23

***8443**

López Sanguos, Carolina

Libre

5,000

12,140

12,050

4,000

33,190

24

***0163**

Rujido Freire, Susana

Libre

5,000

14,000

11,200

2,950

33,150

25

***4669**

Aramburu Robles, Almudena

Libre

5,000

13,070

11,000

3,800

32,870

26

***0755**

Germil Ares, Iria Noela

Libre

5,000

12,560

12,400

2,800

32,760

27

***7946**

Lorenzo Firvida, Cristina

Libre

5,000

13,630

13,700

0,200

32,530

28

***8052**

García Alonso, Laura

Libre

5,000

14,000

9,250

4,000

32,250

29

***0998**

Alfonso Labandeira, Raquel

Libre

5,000

13,770

9,400

4,000

32,170

30

***6356**

Fernández Villar, Aida María

Libre

5,000

13,550

9,600

4,000

32,150

31

***8902**

Sarmiento Carrera, Nerea

Libre

5,000

14,000

9,142

4,000

32,142

32

***7326**

Álvarez Ferrín, Isabel

Libre

5,000

13,640

11,144

2,100

31,884

33

***4322**

Rodríguez González, Lucía

Libre

5,000

13,600

9,180

4,000

31,780

34

***7748**

Taboas Ledo, María Fernanda

Libre

5,000

13,550

9,600

3,500

31,650

35

***4330**

Pérez Cortizas, Ángela

Libre

5,000

12,670

13,435

0,500

31,605

36

***5229**

Delgado Martín, María Victoria

Libre

5,000

13,070

9,200

4,000

31,270

37

***3653**

Vázquez Gómez, Lorena

Libre

5,000

14,000

9,200

2,900

31,100

38

***9135**

Romero Rey, Henar

Libre

5,000

14,000

10,516

1,450

30,966

39

***0144**

Rios Duro, Héctor

Libre

5,000

14,000

7,800

4,000

30,800

40

***1405**

Vila Díaz, Sonia

Libre

5,000

13,130

9,800

2,800

30,730

41

***8043**

Lomba Estévez, Marta

Libre

5,000

12,570

9,600

3,500

30,670

42

***8838**

Sucasas Alonso, Andrea

Libre

5,000

12,570

8,731

4,000

30,301

43

***0892**

Fernández Viso, Sara

Libre

5,000

13,090

11,210

1,000

30,300

44

***2693**

Gómez Silva, Graciela

Libre

5,000

13,600

7,200

4,000

29,800

45

***4443**

Illade Quinteiro, Laura

Libre

5,000

11,795

9,650

3,250

29,695

46

***6613**

Saez Soto, Rebeca

Libre

5,000

13,080

7,600

4,000

29,680

47

***5575**

González Freiría, Natalia

Libre

5,000

14,000

9,183

1,200

29,383

48

***1310**

Urricelqui Laparte, Gonzalo

Libre

5,000

12,580

7,600

4,000

29,180

49

***4491**

Mariño García, Paula

Libre

5,000

13,260

7,600

3,140

29,000

50

***0560**

Graña Silva, Fátima

Libre

5,000

14,000

9,367

0,600

28,967

51

***8007**

Rodríguez Miguélez, María Teresa

Libre

5,000

13,600

7,600

2,640

28,840

52

***8690**

Fuentes Pérez, Nazareth

Libre

5,000

12,640

7,500

3,240

28,380

53

***9964**

Pardellas Carollo, Yolanda

Libre

5,000

13,110

7,500

2,340

27,950

54

***6073**

Rendo Vázquez, Alicia

Libre

5,000

12,570

9,153

1,100

27,823

55

***7436**

Vila Pérez, Daniel

Libre

5,000

13,000

7,500

2,240

27,740

56

***9395**

Montero Vázquez, David

Libre

5,000

12,090

7,200

3,370

27,660

57

***9541**

Sánchez Rodríguez, Laura

Libre

5,000

14,000

4,600

4,000

27,600

58

***2664**

Bauluz Barcena, María

Libre

5,000

13,730

6,600

1,300

26,630

59

***9108**

Valverde Pérez, Noelia

Libre

5,000

13,050

6,800

1,750

26,600

60

***3264**

López Fernández, Ana

Libre

5,000

13,610

7,323

0,500

26,433