DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11100

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas, relativo á baremación definitiva dos méritos do concurso, á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as e pola que se convoca para o acto telemático de elección de destino.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal relativo ás puntuacións definitivas de méritos do concurso obtidas polas persoas aspirantes no proceso selectivo para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas.

Terceiro. Co obxectivo de acadar a máxima axilidade na incorporación dos/as profesionais desta categoría e especialidade, e en previsión de que algunha persoa aspirante relacionada no anexo I non presente a documentación prevista na base terceira desta resolución, non acredite cumprir os requisitos exixidos ou non realice a elección de destino, de conformidade coa base novena da resolución de convocatoria, todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría de facultativo especialista de área.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola cal se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.

De acordo coa base novena da Resolución do 11 de maio de 2023, os/as aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. A relación de prazas que se ofertan aos/ás participantes no proceso figuran como anexo I da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio) pola que se convoca o proceso selectivo, corrección de erros (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio).

A prestación de servizos do persoal seleccionado neste concurso, realizado en execución do Decreto 32/2023, do 13 de abril, realizarase en réxime de xornada ordinaria e complementaria (gardas), dentro do respecto ao réxime de xornada que establece a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, sen que resulte de aplicación calquera réxime de exención de gardas por razóns de idade ata que transcorran dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino no concurso.

Quinto. Abrir un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación para que todos/as os/as aspirantes que participan no proceso seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.

Os/as aspirantes seleccionados/as deberán elixir un número de destinos igual ao do posto que ocupa como seleccionado pola orde de prelación que considere. Sen prexuízo do exposto, se solicitan menos destinos que o posto que ocupa e non resulta adxudicatario de praza, non poderá ser nomeado persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións no proceso.

Os/as participantes no proceso selectivo que non teñan a condición de seleccionados/as poderán solicitar todos os destinos ofertados pola orde de prelación que considere ou aqueles que fosen do seu interese. No suposto de quedar prazas sen adxudicar entre os/as aspirantes seleccionados/as que figuran no anexo I desta resolución, o nomeamento realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva entre aqueles/as aspirantes que achegasen a documentación indicada no punto terceiro desta resolución e teñan elixido os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do/da aspirante que non resultou adxudicatario.

Os/as participantes no proceso selectivo que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas por Resolución desta dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

Sexto. A orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso publicada no anexo I desta resolución poderá ser alterada só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, no suposto de que se estime por parte da autoridade convocante a/as solicitude/s de alteración da orde por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas que, de ser o caso, realicen algún/s dos/das aspirantes que superasen o concurso de méritos pola quenda reservada a persoas con discapacidade. Para estes efectos, os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo indicado neste punto, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Sétimo. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Oitavo. De maneira paralela ao presente proceso selectivo, estase a desenvolver o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de pediatra de atención primaria convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio). Existindo aspirantes que resultan seleccionados neste proceso de facultativo/a especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas e no proceso de selección da categoría de pediatra de atención primaria, unha vez se realice o procedemento interno de adxudicación de praza e con anterioridade ao nomeamento, o órgano convocante comunicará a estes aspirantes os destinos que se lle adxudicarían en cada unha das categorías (no caso de que teñan seleccionado destino en ambas as categorías), para os efectos de que manifesten a súa opción por unha delas, dada a imposibilidade de acceder a dúas categorías distintas nos procesos selectivos derivados da Lei 2/2022 ao establecerse a incorporación efectiva como requisito para poder adquirir a condición de persoal estatutario fixo.

Noveno. A non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

A Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo, ditouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde, polo que, con base no que establecen o artigo 20.3 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, así como o artigo 2 da Lei 2/2022, do 6 de outubro, se impón o máximo rigor na exixencia da incorporación efectiva ao servizo como requisito para adquirir a condición de persoal estatutario fixo e se prevé expresamente no dito artigo que o persoal seleccionado nos concursos que se executen en aplicación da Lei 2/2022 deberá incorporarse, de modo efectivo e permanente, ao servizo activo, no destino adxudicado, para adquirir a condición de persoal estatutario fixo.

Tras adquirir esa condición de persoal estatutario fixo poderá participar nos concursos de traslados da súa categoría e especialidade, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría e/ou especialidade, cando cumpra os requisitos comúns e acredite dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino no concurso. En consecuencia, deberán ser excluídos de calquera proceso en que estean participando no momento en que se incorporen ao servizo activo como facultativo especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas.

Décimo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Aspirantes seleccionados/as

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración
galego

Formación

Experiencia

Outras
actividades

Puntuación
total

1

***5438**

Ramos Perez, Alfonso Manuel

PRI

0,000

12,000

22,000

4,000

38,000

2

***8564**

Rivas Arribas, Lucia

PRI

5,000

14,000

11,000

4,000

34,000

3

***9501**

Del Campo Garcia, Aida

PRI

5,000

13,610

4,550

2,400

25,560

4

***1690**

Gonzalez Piñeiro, Yolanda

LI

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

5

***9135**

Romero Rey, Henar

LI

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

6

***2706**

Garcia Barreiro, Maria del Carmen

LI

5,000

14,000

22,000

4,000

45,000

7

***8347**

Garcia Magan, Carlos

LI

5,000

14,000

21,900

4,000

44,900

8

***1216**

Martinez Azcona, Oihana

LI

5,000

13,650

21,600

4,000

44,250

9

***3294**

Ocampo Fontangordo, Luis

LI

5,000

14,000

22,000

2,800

43,800

10

***7256**

Fariña Nogueira, Sabela

LI

5,000

14,000

19,800

4,000

42,800

11

***7120**

Gomez Costas, Ezequiel Josnie

LI

5,000

12,180

22,000

3,300

42,480

12

***2994**

Espiño Lorenzo, Pilar

DI

5,000

14,000

17,000

4,000

40,000