Mediante a Resolución da Alcaldía do 22 de decembro de 2023 (número 2023-1845) aprobouse a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2023 do Concello de Tui, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 249, do 29 de decembro de 2023, cuxas prazas ofertadas son as seguintes:
Praza |
Quenda |
Tipo de vínculo |
Nº de prazas |
Auxiliar administrativo (Administración xeral) |
Libre |
Funcionario/a de carreira |
3 |
Condutor |
Libre |
Persoal laboral |
1 |
Total de prazas da oferta ordinaria de 2023 |
4 |
O anterior publícase para xeral coñecemento.
Tui, 11 de xaneiro de 2024
Enrique Cabaleiro González
Alcalde