DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes nunha parcela na confluencia das rúas Joaquín Fernández Sestelo e Lagoela.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 29.12.2023 aprobouse inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes nunha parcela na confluencia das rúas Joaquín Fernández Sestelo e Lagoela (Salceda de Caselas).

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como co artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello: salcedadecaselas.sedelectronica.gal/

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Salceda de Caselas, 16 de xaneiro de 2024

María Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa