DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10474

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2024 pola que se nomea como persoal funcionario de carreira, do corpo administrativo, a persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado polo Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 3 de xullo de 2023.

A Mesa da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia na súa reunión do 11 de xaneiro de 2024 (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 624, do 11 de xaneiro), acordou a resolución e aprobación do proceso selectivo para ingresar en catro prazas do corpo administrativo do Parlamento de Galicia, por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición.

De acordo coas bases da convocatoria e no uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal e o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo administrativo do Parlamento de Galicia, grupo C, a Marina Irene Lorenzo Santalucía (DNI ***526**).

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo do Parlamento de Galicia, a interesada deberá tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

Terceiro. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

Cuarto. Notificarlle esta resolución á interesada, ao Servizo de Persoal e Réxime Interior e á Intervención e Asuntos Económicos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia