DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10476

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo III, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de novembro de 2021 (DOG do 14 de decembro de 2021 e BOE do 21 de febreiro de 2022), convócanse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo III, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Na base 5.5 de dita resolución disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, por renuncia dun dos seus membros, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Noelia Prol Vázquez, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC como secretaria titular.

Segundo. Nomear a Silvia María Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, secretaria titular en substitución de Noelia Prol Vázquez.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela