DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Cabana de Bergantiños (expediente DH.A15.43611).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2.11.2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse ao Concello de Cabana de Bergantiños unha concesión de 167.489,13 m3 anuais de auga que procede de varios mananciais situados nas parroquias de Borneiro (San Xoán), Cesullas (Santo Estevo), Canduas (San Martiño), no concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), e na parroquia de Cuns (San Vicenzo), no concello de Coristanco (A Coruña), con destino a abastecemento de poboación.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións