DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se notifica o trámite de audiencia no expediente de inscrición dun aproveitamento de augas DH.C15.02189.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIE Y5914059Z o trámite de audiencia, do 9 de novembro de 2023, no expediente DH.C15.02189 de inscrición de aproveitamento de augas privadas pola disposición transitoria segunda da Lei 29/1985, de augas, no lugar da Vila, parroquia de Muniferral, concello de Aranga.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas da Zona Hidrográfica Norte de Augas de Galicia, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º, Edificio Administrativo Monelos, 15008 A Coruña, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico dgn.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 18 25 30 e 981 18 25 31.

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións, perante a Zona Hidrográfica Norte de Augas de Galicia, no prazo de dez días contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte