DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2024 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador DH.D27.94227.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 71497508-F a proposta de resolución do expediente sancionador do 3 de xaneiro de 2024, ditada no procedemento de denuncia en materia de verteduras DH.D27.94227.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións, ante a Área de Verteduras de Augas de Galicia, no prazo de quince días contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia