DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2024 polo que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística PON/344/2023-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 8 de novembro de 2023, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación cunhas obras realizadas en solo rústico, expediente PON/344/2023-RP1.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade número 53191407C, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que se pretenda valer.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística