DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Barro (expediente DH.A36.71106).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á CMVMC de Agudelo unha concesión de 2.397 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Madalena, da parroquia de Agudelo (San Martiño), no concello de Barro (Pontevedra), con destino a usos recreativos (fontes públicas e lavadoiro), e procedeuse á extinción da concesión que se lle outorgase na resolución da concesión administrativa do 19.12.2002.

Expediente: DH.A36.71106.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións