DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10539

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade a un encargo de xestión, para o exercicio 2024, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: realización de diversas actuacións de mantemento do Bosque de Galicia, Parque do Lago e noiros situados entre as dúas rotondas do enlace da autoestrada AP9 coa Cidade da Cultura da Galicia.

Natureza e alcance da xestión: trátase dun encargo a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: un ano, entre xaneiro e decembro de 2024.

Importe: 156.410,99 €.

Tarifas aplicables: réxime de tarifas aprobado con data do 20 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia