DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10537

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO da resolución pola que se aproban as bases e a convocatoria para a praza de operario de limpeza viaria, grupo V, persoal laboral fixo, e de formación dunha bolsa de emprego, mediante oposición.

Mediante a Resolución de Alcaldía núm. 3175/2023, do 21 de decembro, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de operario de limpeza viaria, integrado no grupo V do persoal laboral do Concello de Noia, e de formación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia núm. 245, do 27 de decembro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal laboral fixo, mediante o sistema de oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Núm. de prazas

1

Denominación do posto/categoría

Operario de limpeza viaria

Clase

Persoal laboral fixo

Escala

Administración especial

Subescala

Servizos especiais

Grupo

V

Nivel

14

Código do posto na RPT

4077

Xornada

37,5 horas semanais

Servizo de adscrición da praza

Obras e servizos

Unidade de adscrición da praza

Limpeza viaria

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A publicación da lista provisional, se é o caso, e da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, realizarase no Boletín Oficial da provincia, sen prexuízo igualmente da súa publicación no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal.

A publicación dos sucesivos anuncios referidos a este proceso selectivo efectuarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Noia [https://noia.sedelectronica.gal] e no taboleiro físico de anuncios do Concello de Noia, situado na rúa Rosalía de Castro, número 2.

Noia, 3 de xaneiro de 2024

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde