DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10540

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D14/24, do 24 de xaneiro de 2024, pola que se nomea profesor contratado doutor do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar a José Pablo González Coma (PCD-26).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-26 do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar (en diante, CUD-ENM), convocada pola Resolución D68/2023, do 11 de outubro do 2023 (DOG do 23 de outubro de 2023) e presentada polo candidato proposto a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a José Pablo González Coma, con DNI ***4148**, profesor contratado doutor do CUD-ENM.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 24 de xaneiro de 2024

José Martín Davila
Director do Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín