DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10443

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, polo que se dá publicidade ás cualificacións correspondentes ao segundo exercicio.

O tribunal nomeado pola Resolución do 7 de setembro de 2023 (DOG núm. 173, do 12 de setembro) para cualificar este proceso selectivo, en sesión que tivo lugar o día 17 de xaneiro de 2024, ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 e logo da realización do segundo exercicio previsto polas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. A base II.1.1.2.d da convocatoria establece que o exercicio se cualificará de 0 a 30 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Mediante acordo deste tribunal do día 23 de novembro de 2023, con publicación da correspondente resolución asinada polo presidente do tribunal no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, deuse publicidade aos parámetros para a cualificación deste segundo exercicio.

Segundo. Consonte o disposto na base III.1.2.8, publicar, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio deste proceso selectivo, con indicación dos que superaron este exercicio.

Terceiro. De acordo co establecido na base III.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base V.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2024

Manuel Romero Gómez
Presidente do tribunal