DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10442

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 16/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no terceiro cuadrimestre do ano 2023, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data sinatura

Addenda ao acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega e Igualdade e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega.

Sen achega económica

7.11.2023

Addenda do convenio de colaboración educativa entre a Universidade da Coruña e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas curriculares ou extracurriculares do alumnado da Universidade da Coruña e se prorroga por un período de catro anos.

Sen achega económica

22.12.2023