DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 9846

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 16 de xaneiro de 2024 pola que se modifica a autorización do CPR Plurilingüe Apóstol Santiago para engadir unha unidade de educación especial.

A persoa representante da titularidade do centro privado (CPR) Plurilingüe Apóstol Santiago de Vigo solicita a modificación da autorización para engadir aos estudos do centro unha unidade de educación especial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do CPR Plurilingüe Apóstol Santiago e ampliar unha unidade de educación especial, o centro configurado queda como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: CPR Plurilingüe Apóstol Santiago.

Denominación específica: Colexio Apóstol Santiago.

Código do centro: 36010903.

Enderezo: avda. Sanjurjo Badía núm. 79.

Código postal: 36207.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Compañía de Jesús Provincia de España.

Representante: Benigno Álvarez Lago.

Composición resultante:

Educación especial: 1 unidade.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades