DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 10069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 64/76 e dez máis).

Na sesión celebrada o día 18.12.2023, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– MVMC Moncaio, Rego Serra Pequena, Cornado, Pedrouzo e Veiga (exp. 64/76), pertencente aos veciños da parroquia de Reigada (Monforte de Lemos); MVMC Serra de Moncais, Serra de Parte e O Cornado (exp. 12/2000), pertencente aos veciños da parroquia da Parte (Monforte de Lemos); MVMC Serra de Moncaio (exp. 14/99), pertencente aos veciños da parroquia de Fornelas (A Pobra do Brollón); MVMC San Roque e Cornao (exp. 2/2001), pertencente aos veciños da parroquia de Ribasaltas (Monforte de Lemos).

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo entre a comunidade de Reigada e as comunidades da Parte, Fornelas e Ribasaltas, en canto ás liñas que separan os seus montes veciñais.

Aportan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 8.11.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_217) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Moncaio, Rego Serra Pequena, Cornado, Pedrouzo e Veiga: 166 ha.

– MVMC Serra de Moncais, Serra de Parte e O Cornado: 117 ha.

– MVMC Serra de Moncaio: 61 ha.

– MVMC San Roque e Cornao: 51 ha.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Serra de Moncais, Serra de Parte e O Cornado (exp. 12/2000), pertencente aos veciños da parroquia da Parte (Monforte de Lemos); MVMC Serra de Moncaio (exp. 14/99), pertencente aos veciños da parroquia de Fornelas (A Pobra do Brollón); MVMC San Roque e Cornao (exp. 2/2001), pertencente aos veciños da parroquia de Ribasaltas (Monforte de Lemos).

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre a comunidade da Parte coas de Fornelas e Ribasaltas, en canto ás liñas divisorias que separan os seus montes veciñais. Aportan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 8.11.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_243) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Serra de Moncais, Serra de Parte e O Cornado: 119 ha.

– MVMC Serra de Moncaio: 60 ha.

– MVMC San Roque e Cornao: 50 ha.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC San Pedro (exp. 134/75), pertencente aos veciños da parroquia de San Pedro do Incio (O Incio); e MVMC Veneira (exp. 2/75), pertencente aos veciños da parroquia da Veneira de Roques (A Pobra do Brollón).

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Aportan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 31.10.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_225) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC San Pedro: 615,9 ha.

– MVMC Veneira: 324,4 ha.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Veneira (exp. 2/75), pertencente aos veciños da parroquia da Veneira de Roques (A Pobra do Brollón); e MVMC Trascastro (exp. 78/78), pertencente aos veciños da parroquia de Trascastro (O Incio).

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais.

Aportan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 3.11.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_263) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Veneira: 297,35 ha.

– MVMC Trascastro: 990,78 ha.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Segade, Costa de Vilar e de Cinza, Castelo, Cotón e Musgallón (exp. 45/80), pertencente aos veciños da parroquia de Orbazai; e MVMC Penas do Caldeiro, Travesa, Raiola, Pedrafita e Pedreiras (exp. 39/80), pertencente aos veciños da parroquia de Adai. Ambos no concello de Lugo.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais.

Aportan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 19.10.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_256) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Segade, Costa Vilar e de Cinza, Castelo, Cotón e Musgallón: 109,5 ha.

– MVMC Penas do Caldeiro, Travesa, Raiola, Pedrafita e Pedreiras: 369,1 ha.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Barrazoso e Fontefría (exp. 7/77), pertencente aos veciños da parroquia de Gaibor, concello de Begonte; e MVMC Barrazoso e Fragavella (exp. 85/79), pertencente aos veciños da parroquia de Ladra, concello de Vilalba.

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Aportan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 31.11.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_167) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Barrazoso e Fontefría: 526,7 ha.

– MVMC Barrazoso e Fragavella: 125,35 ha.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 10 de xaneiro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento entre o MVMC da comunidade de Reigada
e os montes de Fornelas, A Parte e Ribasaltas

missing image file

ANEXO II

Deslindamento entre o MVMC da comunidade da Parte
e os montes de Fornelas e Ribasaltas

missing image file

ANEXO III

Deslindamento entre o MVMC da comunidade de San Pedro do Incio
e o monte de Veneira de Roques

missing image file

ANEXO IV

Deslindamento entre o MVMC da comunidade de Veneira de Roques
e o monte de Trascastro

missing image file

ANEXO V

Deslindamento entre o MVMC da comunidade de Orbazai
e o monte de Adai

missing image file

ANEXO VI

Deslindamento entre o MVMC da comunidade de Gaibor
e o monte de Ladra

missing image file