DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 10080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 25/76 e doce máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión que tivo lugar o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión realizada polo Xurado Provincial o día 18 de decembro de 2023 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Carlín (expediente 25/76) pertencente aos veciños da parroquia de Carlín, concello de Friol.

O 4.4.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Carlín, para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 23.10.2023, o Servizo de Montes elaborou unha memoria co novo esbozo (2022_14) na cal se recolle que a superficie do monte de Carlín pasa a ser de 114,17 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Veneira (expediente 2/75), pertencente aos veciños do lugar da Veneira de Roques, na parroquia de Ferreiros, concello da Pobra do Brollón.

O 4.5.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade da Veneira de Roques para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 8.11.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_17), na cal se recolle que a superficie do monte de Veneira pasa a ser de 267,68 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Sambreixo (expediente 47/73), pertencente aos veciños da parroquia de San Breixo, no concello de Monterroso.

O 6.5.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Sambreixo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 8.11.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_19) na cal se recolle que a superficie do monte Sambreixo pasa a ser de 362,93 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Bendilló (expediente 119/75), pertencente aos veciños do lugar de Bendilló, na parroquia de Bendilló, concello de Quiroga.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Bendilló para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 24.11.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_206) na cal se recolle que a superficie do monte de Bendilló pasa a ser de 65,59 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Vilar de Lor (expediente 28/73), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Lor, no concello de Quiroga.

O 23.6.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilar de Lor (mellorada o 29.6.2022 e 10.10.2023) para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a proposta que achegan.

O 27.11.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_30) na cal se recolle que a superficie do monte de Vilar de Lor pasa a ser de 1.466,47 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Liñares (expediente 47/75), pertencente aos veciños da parroquia de Liñares, no concello da Pobra do Brollón.

O 23.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Liñares para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a proposta que achegan.

Examinada a proposta, observouse a incorporación de parcelas cuxa titularidade correspondía a outras comunidades de MVMC, polo que non procedía a súa inclusión no monte de Liñares mediante o procedemento de revisión de esbozo. En relación con isto, comunicóuselle a modificación da proposta nun trámite de audiencia e, transcorrido o prazo, a comunidade de Liñares non presentou alegacións ao respecto.

O 27.11.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_117) na cal se recolle que a superficie do monte de Liñares pasa a ser de 231,32 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– MVMC Balsas e Valdeconde (expediente 4/75), pertencente aos veciños da parroquia de Lamaigrexa e dos lugares de Domiz e O Pereiro da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón.

O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da dita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan.

O 30.10.2023 dáselle trámite de audiencia á comunidade deste monte e á do Salcedo e Beirán ca finalidade de garantir coherencia gráfica e topoloxía entre ambos os montes. Ningunha das comunidades presentou alegacións ao respecto.

O 28.11.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_158) na cal se recolle que a superficie do monte de Balsas e Valdeconde pasa a ser de 559,30 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

– MVMC Serra de Moncaio (expediente 14/99), pertencente aos veciños da parroquia de Fornelas, no concello da Pobra do Brollón.

O 13.11.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Fornelas para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a proposta que achegan (mellorada o 29.11.2023 tras serlles requirido).

O 4.12.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2023_5) na cal se recolle que a superficie do monte Serra de Moncaio pasa a ser de 76,18 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.

– MVMC Serra da Artesiña (expediente 112/75), pertencente aos veciños de Bendilló e Chao da Casa, no concello de Quiroga.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Bendilló e Chao da Casa, para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a proposta que achegan (mellorada o 26.11.2023 tras serlles requirido).

O 30.11.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_207) na cal se recolle que a superficie do monte Serra da Artesiña pasa a ser de 229,23 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.

– MVMC Torbeo (expediente 132/76), pertencente aos veciños da parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Torbeo, para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a proposta que achegan.

O Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_210) na cal se recolle que a superficie do monte de Torbeo pasa a ser de 470,03 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo X, ao final deste anuncio.

– MVMC Vilar de Mondelo (expediente 113/76), pertencente aos veciños de Vilar de Mondelo, na parroquia de Bendilló, concello de Quiroga.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilar de Mondelo para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a proposta que achegan.

O 2.12.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_214) na cal se recolle que a superficie do monte de Vilar de Mondelo pasa a ser de 492,91 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XI, ao final deste anuncio.

– MVMC Enciñeira (expediente 117/75), pertencentes aos veciños da parroquia da Enciñeira, no concello de Quiroga.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Enciñeira para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a proposta que achegan.

O 5.12.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_220) na cal se recolle que a superficie do monte Enciñeira pasa a ser de 980,15 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XII, ao final deste anuncio.

– MVMC Barrazoso e Fontefría (expediente 7/77), pertencentes aos veciños da parroquia de Gaibor, no concello de Begonte.

O 16.6.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Gaibor, para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a proposta que achegan. A solicitude foi mellorada o 1.12.2023.

O Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_315) na cal se recolle que a superficie do monte Barrazoso e Fontefría pasa a ser de 534,68 ha.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XIII, ao final deste anuncio.

Contra os estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 10 de xaneiro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Esbozo do MVMC Carlín (Friol)

missing image file

ANEXO II

Esbozo do MVMC Veneira (A Pobra do Brollón)

missing image file

ANEXO III

Esbozo do MVMC Sambreixo (Monterroso)

missing image file

ANEXO IV

Esbozo do MVMC Bendilló (Quiroga)

missing image file

ANEXO V

Esbozo do MVMC Vilar de Lor (Quiroga)

missing image file

ANEXO VI

Esbozo do MVMC Liñares (A Pobra do Brollón)

missing image file

ANEXO VII

Esbozo do MVMC Balsas e Valdeconde (A Pobra do Brollón)

missing image file

ANEXO VIII

Esbozo do MVMC Serra de Moncaio (A Pobra do Brollón)

missing image file

ANEXO IX

Esbozo do MVMC Serra da Artesiña (Quiroga)

missing image file

ANEXO X

Esbozo do MVMC Torbeo (Ribas de Sil)

missing image file

ANEXO XI

Esbozo do MVMC Vilar de Mondelo (Quiroga)

missing image file

ANEXO XII

Esbozo do MVMC Enciñeira (Quiroga)

missing image file

ANEXO XIII

Esbozo do MVMC Barrazoso e Fontefría (Begonte)

missing image file