DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 15 de xaneiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/113-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803.

Concello: Meaño.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

2

36027A008000440000MJ

Descoñecido

3

36027A008000430000MI

Descoñecido

4

36027A008000410000MD

Descoñecido

5

36027A008000390000MX

Descoñecido

6

36027A008000420000MX

Descoñecido

7

36027A008000380000MD

Descoñecido

8

36027A008000330000MF

Descoñecido