DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto modificación LAT 66 kV Ponte Sampaio a Lourizán, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificación LAT 66 kV Ponte Sampaio a Lourizán, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 12 de xaneiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/18-4.

Entidade beneficiaria: ENCE Energía y Celulosa, S.A.

Denominación da instalación: modificación LAT 66 kV Ponte Sampaio a Lourizán.

Concello: Vilaboa.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titular

44

36058A02700277

Foxo

Jesús Rodríguez Peón

44

36058A02700277

Foxo

Hros. Margarita Prieto Rodríguez

44

36058A02700277

Foxo

Alcira Peón Rodríguez

44

36058A02700277

Foxo

Estrella Rodríguez Peón

44

36058A02700277

Foxo

Estrella Rodríguez Peón

44

36058A02700277

Foxo

Hros Elisa Rodríguez Peón

45

36058A02700278

Toxo

Mª Luisa Rodríguez Boullosa

50

36058A03100003

A Casilla

María Efigenia Palmeiro Canosa

58

36058A02500578

Veigagrande

Favián Bravo Mougán e outros

63

36058A02500584

Veigagrande

Eva Casal Sobrado

67

36058A02500570

Peai

Manuel Pérez

69

36058A02400337

Peai

Fernando Rodríguez Prieto e outros

70

36058A02400332

Xunqueira

Alfonso López Acuña

73

36058A02400340

Peai

Hros. de Cándido Filgueira Farto

74

36058A02400345

Peai

Hros. de Sebastián Orozco López

75

36058A02400346

Peai

Hros. de Carmen Acuña Domínguez

76

36058A02400347

Peai

Mª del Carmen Pérez Rodríguez

78

36058A02400351

Tronceleiros

Hros. de Julia Mª Peón Cortés