DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo dos montes veciñais Montes do Viso e Monte Puntal, Cabaleiro (parte norte) e Gándara (11 bis) da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso, no concello de Redondela.

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, do 2 de outubro de 2023, ao respecto da revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada dos montes veciñais denominados Montes do Viso, Monte Puntal, Cabaleiro (parte norte) e Gándara (11 bis), da CMVMC do Viso, no concello de Redondela (Pontevedra) (expediente RE22002).

O 25.9.2023 o Servizo de Montes desta xefatura territorial emitiu o seguinte informe:

«Feitos:

Primeiro. O 2.8.2022 e con número de solicitude 2022/1994215, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) do Viso solicitou a revisión do esbozo dos montes:

– Montes do Viso_(Id. 3089).

– Monte Puntal, Cabaleiro (parte norte) e Gándara (11 bis)_(Id. 3091).

A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente RE22002. Consta no expediente:

– Memoria técnica da revisión do esbozo de setembro de 2023, asinada pola enxeñeira técnica forestal núm. 1.227 do COETF de Galicia.

– Certificado do secretario coa conformidade do presidente da CMVMC do Viso, do 14.6.2023, da aprobación do esbozo na asemblea do 26.6.2022.

– Cartografía en formato dixital.

Segundo a memoria técnica, levouse a cabo un levantamento topográfico das parcelas con GPS de precisión centimétrica en que se percorreu todo o perímetro con varios membros da xunta reitora. Durante ese percorrido identificáronse muros e marcos que separan a comunidade doutras propiedades particulares; así mesmo, a CMVMC do Viso formalizou deslindamentos coa maioría das CMVMC coas que estrema (Ventosela, Arcade de Riba, Alxán de Abaixo, Alxán de Arriba e Moreiras).

A CMVMC do Viso ten os seguintes deslindamentos en tramitación, cos cales coincide esta revisión: DC22002 coa CMVMC de Alxán de Arriba, DC22009 coa CMVMC de Moreiras, DC22010 coa CMVMC de Arcade de Arriba, e DC22131 coa CMVMC de Alxán de Abaixo.

A CMVMC do Viso ten un deslindamento aprobado (expediente DESC-05/18) coa comunidade de Ventosela. Esta revisión axústase a este deslindamento.

Segundo. O obxecto da revisión son os esbozos dos seguintes montes do Viso:

– Monte con Id. 3089 clasificado o 4.12.1980 cunha superficie de 128 ha.

– Monte con Id. 3091 clasificado o 30.5.2001, cunha superficie de 7,15 ha.

Os montes A Lomba_Id. 4025 e Torreiro da Gándara_Id. 4461 non son obxecto desta revisión porque teñen unha planimetría máis actualizada.

Segundo os datos do Sistema rexistral forestal, a comunidade tiña un convenio, agora rescindido, co elenco núm. 3615519. Dispón dun documento de ordenación forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia co núm. 3600304 e unha superficie de 132,78 ha.

Terceiro. A revisión do esbozo proposta dos montes con Id. 3089 e 3091 ten unha superficie de 142,60 ha (fronte ás 135,15 ha clasificadas, 128 ha do monte con Id. 3089 e 7,15 ha do monte con Id. 3091), e un perímetro de 19,99 m e, segundo o indicado na memoria técnica, queda definido do seguinte xeito:

– Monte A Peneda.

Cabida: 8,51 ha.

Perímetro: 2.766 m.

Lindeiro norte: MVMC de Arcade de Riba e propiedade particular.

Lindeiro sur: camiño municipal e propiedades particulares.

Lindeiro leste: MVMC de Alxán de Abaixo.

Lindeiro oeste: camiños e propiedades particulares de José Ramón Blanco Luna, Roberto Bouzón González, Milagros Táboas Rodríguez, Rosa Lago Alján, Josefa Martínez Bouzón, Eulalia Vidal Martínez e outros.

– Monte Espiño.

Cabida: 64,20 ha.

Perímetro: 4.980 m.

Lindeiro norte: MVMC de Pedroso e Alxán de Arriba.

Lindeiro sur: MVMC de Ventosela.

Lindeiro leste: MVMC de Pedroso; de Alxán de Arriba e de Moreiras.

Lindeiro oeste: propiedades particulares.

– Monte Outeiro Grande.

Cabida: 61,58 ha.

Perímetro: 9.176 m.

Lindeiro norte: propiedades particulares de Bernardo López Rodríguez, Amalia Franco Soto, María Veiga Blanco, José López, Abel Lorenzo Sotelino, María del Carmen Martínez Conde e outros.

Lindeiro sur: propiedades particulares de José Ramón Martínez López e outros e camiño municipal.

Lindeiro leste: propiedades particulares e camiño municipal.

Lindeiro oeste: camiño municipal, Camiño de Santiago e propiedades particulares de María Esther Bouzas Vidal, Dolores Fernández Vidal e outros.

Encravados (xa descontados da superficie total): parcelas catastrais 36045A00200093 e 36045A00200094, cunha superficie total de 6.317 m2.

– Monte Cabaleiro.

Cabida: 4,41 ha.

Perímetro: 1.173 m.

Lindeiro norte: camiño, propiedades particulares de Juan Cabaleiro, José Muleiro Soto, Gloria Muñoz Iglesias e outros.

Lindeiro sur: MVMC de Cesantes.

Lindeiro leste: propiedades particulares de Emilia García Cabaleiro, Ofelia Couñago García, Arsenio Lameiro García, Rogelia Cendón Cabaleiro e outros.

Lindeiro oeste: alargamento da estrada Pontevedra-Vigo (Ministerio de Fomento) e estrada municipal a Soutoxuste.

– Monte A Gándara.

Cabida: 2,41 ha.

Perímetro: 1.070 m.

Lindeiro norte: camiño e propiedades particulares de Juan Carlos Collazo Durán, José Durán Bouzón, María Teresa Vidal Soto, Antonio Amoedo e outros.

Lindeiro sur: propiedades particulares de Celso López Martínez e outros.

Lindeiro leste: propiedades particulares de Lucía Vidal Cabaleiro, Domingo López Martínez e outros.

Lindeiro oeste: estrada municipal e propiedades particulares de Servando Barro Abella, Emilia Martínez Vidal, Antonio Barral Barral, Armando Lago Martínez e outros.

– Monte Puntal.

Cabida: 1,49 ha.

Perímetro: 827 m.

Lindeiro norte: MVMC da Xesteira, Ministerio de Fomento (ADIF) e camiño.

Lindeiro sur: ría de Vigo, Ministerio de Fomento (ADIF).

Lindeiro leste: camiño.

Lindeiro oeste: ría de Vigo.

Cuarto. O 30.11.2022, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra acordou solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC do Viso (Redondela), expediente RE22002, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

Segunda. A revisión do esbozo dos montes:

– Montes do Viso_(Id. 3089).

– Monte Puntal, Cabaleiro (parte norte ) e Gándara (11 bis)_(Id. 3091).

Pertencentes á CMVMC do Viso, proposta polo Servizo de Montes, é a presentada pola comunidade e queda definida consonte os datos reflectidos no antecedente de feito terceiro, as coordenadas en UTM (ETRS 89) dos puntos medidos con GPS e a cartografía que se achega con este informe».

Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo dos montes veciñais Montes do Viso, Monte Puntal, Cabaleiro (parte norte) e Gándara (11 bis) e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar a revisión do esbozo dos montes veciñais denominados Montes do Viso, Monte Puntal, Cabaleiro (parte norte) e Gándara (11 bis) clasificados a prol da CMVMC do Viso, no concello de Redondela, segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada por este.

Pontevedra, 29 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra