En cumprimento do previsto no artigo 53.3.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:
Solicitante: Automociones Becerra, S.L.
DNI: B159*****.
Expediente: DH.W15.93775.
Lugar: A Rega.
Parroquia: Bértoa (Santa María).
Concello: Carballo.
Descrición das obras:
As obras solicitadas consisten na construción dunha nave industrial.
A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 22 de decembro de 2023
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte